Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Aberto o prazo de Admisión e Preinscrición a Graos

24 de julio de 2013

Consulta os casos nos que é necesario formalizar a solicitude de admisión antes de realizar o teu matricula.

Descarga folleto con toda a información en PDF.

Cando deben solicitala

  • Estudantes procedentes de Selectividade, dende outra Universidade española.
  • Estudantes que veñan cursando estudos noutra Universidade e desexen trasladar o seu expediente, para continuar estudos na UNED.
  • Estudantes matriculados noutra Universidade para simultanear estudos na UNED.

Os que non teñen que solicitala

  • Estudantes xa matriculados na UNED, aínda que opten por trasladar o seu expediente a outros estudos dentro da UNED non teñen que solicitar admisión, o traslado de expediente realizarase automaticamente cando realicen a matrícula.
  • Se ten un título académico que lle habilite para cursar estudos na UNED e non ten outros estudos parciais noutra Universidade española non ten que solicitar admisión, pode matricularse directamente, a partir do 4 de setembro, presentando unha copia cotexada do seu título (ou resguardo de telo solicitado) no seu caso.

Prazo de presentación

  • Prazo único do 18 de xuño ao 16 de outubro de 2013

Modo de presentación

Que pasa unha vez tramitada a solicitude de Admisión

  • Unha ver enchido o formulario de Solicitude, deberá imprimir a carta de Admisión.
  • A validez da resolución de admisión está condicionada a que o interesado cumpra os requisitos establecidos na normativa vixente no momento da formalización da súa matrícula.
  • A súa validez limítase ao curso académico 2013/2014, non tendo efecto para outro ou outros posteriores.

Que pasa unha vez concedida a Admisión

  • Unha vez concedida a admisión, deberá presentar a carta na Universidade de orixe, alí emitiranlle un documento, debidamente selado, no que deberá figurar que solicitou traslado de expediente, este documento debe entregalo coa súa matrícula.

Para solicitar máis información da Admisión

  • Sede A Coruña: 981 14 50 51. info@a-coruna.uned.es
  • Sede Ferrol: 981 36 40 26. info@ferrol.uned.es
  • Sede Central Madrid: www.uned.es

Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 26/27+info
Convocatorias de Bolsas do Centro Asociado+info
AVISO: El Servicio de Biblioteca del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado los días 4 a 20 de marzo, ambos incluidos, en horario de mañana.
El aula de estudio permanecerá abierta en su horario habitual
Disculpen las molestias.
El Servicio de Librería del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado el 12 y 13 de marzo en horario de mañana. Disculpen las molestias
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es