Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O secretario xeral de Política Social, Francisco Javier Abad, estará na entrega de diplomas e clausura de curso 2017/2018 da UNED Sénior A Coruña

17 de julio de 2018

Durante o transcurso do acto formalizarase a presentación da poeta e pintora Adolfina Mesa, o autor e articulista Martiño Maseda e o adiestrador canino e experto na área rehabilitación con cans, Octavio Villazala, como novos integrantes do Programa.

O vindeiro venres 20 de xullo, a UNED A Coruña organiza a entrega de diplomas e clausúra oficial do curso, a partir das 11:00 da mañá, no salón de actos da sede na Coruña.

Ao acto, que contará coa presenza de Francisco Javier Abad Pardo, secretario xeral de Política Social da Xunta de Galicia, confirmaron asistencia representantes dos concellos que integran o Programa Sénior, Aranga, Irixoa, Monfero, Paderne, Xermade, Guitiriz, Rianxo, Lousame e as dúas últimas incorporacións, Porto do Son e A Baña.

Germán Carro Fernández, director do Centro Asociado, estará acompañado por Luis Anxo Rodríguez Patiño, coordinador do Programa Sénior e a súa alma mater.

Este ano a tradicional Lección de Clausura será impartida polo museólogo, técnico de xestión cultural e responsable da materia "Historia de Galicia", Felipe Senén López Gómez, e levará o título “Virtualidade e realidade nos novos sistemas de educación”.

A configuración desta alternativa de estudos na UNED coruñesa é única. A universidade desprázase a distintos puntos do rural para que os maiores con máis dificultades de acceso a estudos superiores, poidan optar a esta formación. Tanto a variable de idade -a media de idade de alumnos matriculados é superior a calquera programa sénior semellante- os distintos puntos onde se imparte docencia e a pluralidade de temáticas no plan de estudos, e a súa natureza dinamizadora, converten este Programa nun proxecto singular e único.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Ampliado o prazo de matrícula do CUID ó 16 de noviembro de 2018. Estuda idiomas na UNED nas modalidades semipresencial e on-line.+ info
Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 26/27+info
Convocatoria pública. Vacante de profesorado tutor interino de Master Universitario en Formación del Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanzas de idiomas (curso 2026-27)+info
AVISO: El Servicio de Biblioteca del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado el 12-06.El aula de estudio permanecerá abierta
Disculpen las molestias.
Horario de verano (de 8hs a 14h): De lunes a viernes del 1 de junio al 15 de septiembre, ambos incluidos. Se exceptúan las semanas de exámenes en las que se mantendrá el horario ordinario. 
Consulte el horario de atención al público en cada Servicio del Centro.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es