Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED Sénior da Coruña entregou en Guitiriz os diplomas ao alumnado do curso 2020-21

28 de julio de 2021

O acto contou coa presenza da alcaldesa de Guitiriz, un concelleiro de Lousame, un representante de Rianxo e profesores das diferentes Aulas onde se celebra o programa

Cun aforo limitado de 100 persoas, 97 alumnos e alumnas da UNED Sénior A Coruña das aulas de Guitiriz, Xermade, Monfero, Aranga, Paderne, Lousame, Brión e outros concellos do programa, gozaron o pasado martes 27 de xullo dunha emotiva reunión de fin de curso.

O alumnado máis veterano do noso Centro, procedente das diferentes Aulas que o programa Sénior da Coruña ten por toda a provincia, reuniuse en Guitiriz para recibir os diplomas deste curso 2020-21. O acto contou coa presenza de Dª. Marisol Morandeira, alcaldesa de Guitiriz e de D. Luís Rodríguez Patiño, coordinador da UNED Sénior da Coruña, así como representantes dos concellos de Lousame e Guitiriz, comezou ás 12:00 h e alongouse ata as 17:30 h.

A alerta sanitaria por coronavirus tamén fixo que este acto fose particular, cambiando o protocolo de cerimonias anteriores. Así, o alumnado permaneceu sentado, sendo os representantes políticos os que se achegaban a cada persoa para entregar o diploma e felicitarlles polo labor realizado durante este curso marcado pola pandemia.

Aproveitando que o día anterior conmemorábase o Día dos Avós, o alumnado presente realizou unha serie de lecturas de homenaxe ás nosas avoas e avós, coa que moitos dos presentes sentiron identificados. Mostra diso é a carta remitida por Josefina Calvo Sánchez, a quen considero xa nosa máis destacada cronista da UNED Sénior A Coruña, xa que sempre nos relata as súas impresións sobre as diferentes actividades realizadas e axúdanos a coñecer como vive o noso alumnado esta experiencia (podes ver o relato da actividade escrito por Josefina premendo aquí). 

Durante a tarde, nos xardíns do complexo hostaleiro, tivo lugar a actuación musical das distintas aulas de música, aproveitando a presenza de alumnado e profesorado que se desprazou a Guitiriz desde os seus respectivos concellos.

Parabéns a todo o noso alumnado Sénior! 

  • Actuación musical das distintas aulas de música do programa Sénior da Coruña ao aire libre.

  • A alcaldesa de Guitiriz entrega os diplomas ao alumnado presente xunto co coordinador do programa da UNED Sénior en A Coruña. 

  • O acto contou con representantes políticos de diferentes concellos nos que se celebra o programa Sénior da UNED A Coruña. Na foto superior, alcaldesa de Guitiriz e representante de Rianxo. Na foto inferior, concelleiro de Lousame. O programa Sénior conta con aulas nos tres concellos. 

  • De esquerda a dereita: Coordinador da UNED Sénior A Coruña, profesor de música da aula de Lousame, alcaldesa de Guitiriz, profesor de música das aulas de Guitiriz, Momán e Paderne, concelleira de Lousame e representante de Rianxo. 

Más información en:

  • Secretaría do C.A. UNED A Coruña, no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es
  • Tamén podes solicitar información nos concellos colaboradores onde hai Aulas da UNED Sénior A Coruña. 

-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña 

Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO. El servicio de Secretaría del Aula de Ferrol dispondrá de atención al público desde las 10:00 el jueves 26 de junio. Disculpen las molestias.
Horario de verano. A partir del 9 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 8 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Convocatoria de la IV Edición del Programa Campus Rural para estudiantes de la UNED+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es