Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Curso "Prácticas de Mediación (Curso 2020-2021)"

5 de mayo de 2021

Realizarase desde a sede da Coruña os venres 07, 14 e 21 de maio; poderá seguirse na modalidade en liña de emisión en directo. A asistencia presencial está limitada a un grupo reducido de alumnas e alumnos atendendo ás condicións sociosanitarias actuais. Ademais, conta co recoñecemento de 1 ECTS

A sede da UNED da Coruña acolle o curso "Prácticas de Mediación (Curso 2020-2021)" os venres 07, 14 e 21 de maio de 2021, en horario de tarde, de 16:30 a 20:30h. 

Impartido por Rosa Sánchez González-Dans, avogada e máster en Mediación, cunha ampla experiencia como mediadora e dirixido por Inmaculada García Presas profesora de Dereito Civil na Universidade da Coruña e profesora titora do Centro Asociado UNED A Coruña, este curso é o último dos módulos que conforman o Ciclo de Mediación 2020/2021.

Ten como obxectivo, a través de exercicios e simulacións de casos, traballar as técnicas e as distintas fases do proceso de mediación en distintos ámbitos, dunha maneira dinámica e participativa, que capacitará para desempeñar a actividade mediadora con eficacia e profesionalidade. Este curso vai dirixido a todas aquelas persoas que dispoñen de formación teórica en mediación e queren adquirir unha sólida formación práctica. Durante as sesións, traballarase en supostos de mediación penal, comunitaria, familiar, civil, mercantil e educativa.

Esta actividad formativa, que consta de 25 horas lectivas, ten recoñecido 1 crédito ECTS. Debido ás especiais circunstancias de alerta sanitaria pola COVID-19, priorizarase a matrícula para o seguimento en liña do curso que, lembramos será UNICAMENTE EN DIRECTO. As prazas reservadas para a asistencia presencial xa están cubertas segundo o procedemento indicado ás persoas matriculadas no curso. Estas prazas son limitadas e están condicionadas polo cumprimento coas medidas de seguridade e hixiene, así como á normativa vixente actual de prevención do COVID-19. 

Rosa Sánchez González-Dans é licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, Máster en Psicoloxía Xurídica pola UNED, especialista en Mediación Familiar pola Universidade de Vigo e Máster Universitario en Mediación pola Universidade de Santiago de Compostela. Rexistrada no Rexistro de Mediadores Familiares de Galicia desde o ano 2003, labor que compaxina co seu traballo de avogada. A partir do ano 2007 adhírese como profesional partícipe ao programa MEDIAGAL, promovido pola Xunta de Galicia. Participou en congresos, cursos, xornadas e seminarios sobre mediación, e colaborou en proxectos de formación en materia de mediación; entidades públicas e privadas.

  • Pódeste matricular no curso premendo aquí.
  • Consulta e descarga o tríptico informativo en castelán ou en galego

CICLO SOBRE MEDIACIÓN 2021/22:

Nos vindeiros días anunciaremos as datas de celebración do Ciclo de Mediación para o curso 2021/22, así como as temáticas nas que se centrará cada curso nesta 9ª edición. 

O Centro Asociado á UNED da Coruña está recoñecido como Centro de Formación no Rexistro de Mediadores do Ministerio de Xustiza.

Seguimos online, seguimos contigo!

Máis información en:

--------------------------------------{}-------------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña 

Ampliado o prazo de matrícula do CUID ó 16 de noviembro de 2018. Estuda idiomas na UNED nas modalidades semipresencial e on-line.+ info
Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 26/27+info
Convocatoria pública. Vacante de profesorado tutor interino de Master Universitario en Formación del Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanzas de idiomas (curso 2026-27)+info
AVISO: El Servicio de Biblioteca del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado el 12-06.El aula de estudio permanecerá abierta
Disculpen las molestias.
Horario de verano (de 8hs a 14h): De lunes a viernes del 1 de junio al 15 de septiembre, ambos incluidos. Se exceptúan las semanas de exámenes en las que se mantendrá el horario ordinario. 
Consulte el horario de atención al público en cada Servicio del Centro.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es