Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Curso "A vida en prisión. Aspectos prácticos da privación de liberdade no Dereito Penal Español"

3 de mayo de 2021

Celebrarase os días 6 y 7 de maio, en xornada de tarde, nas modalidades online en directo mais en diferido; ademáis, conta co recoñecemento de 1 ECTS.

Desde a Aula UNED de Ferrol propoñémosvos un novo curso formativo dentro do  Ciclo "Novas Perspectivas en Dereito penal".

Como ven sendo habitual nas actividades do noso Centro, o ciclo consta de dous cursos con programas formativos completos, así que non é preciso ter cursado un para poder realizar o outro, xa que ambos se pueden facer de xeito independente.

Este segundo curso do ciclo versará sobre "A vida en prisión. Aspectos prácticos da privación de libertade no Dereito Penal Español" e se celebrará nas tardes dos vindeiros xoves 6 e venres 7 de maio de 2021, de 16:30 a 20:30h. 

Consta de 25 horas de formación, das que 8 horas son de exposición teórica; de ser superado, entregarase un certificado de aproveitamiento co recoñecemento de 1 ECTS. Nas actuais circunstancias de alerta sanitaria pola COVID-19, se poderá seguir unicamente en modalidade online, coas opcións de seguimento en directo mais en diferido

Impartido por Rafael Martínez Fernández, Profesor Asociado de Dereito Penal (Universidad de León) e Funcionario de Carreira do Corpo Superior de Técnicos de Institucións Penais. Especialidade Xurista, este curso está dirixido por Lotario Vilaboy Lois, profesor de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela e profesor-titor do Centro UNED A Coruña.

Este curso ten como obxectivo profundar no coñecemento da normativa penal, cun estudo didáctico, crítico e practico dalgunhas institucións e dereitos que regula. O alumnado terá a oportunidade de coñecer aquelas materias relacionadas co réxime penal que inciden especialmente no desenvolvemento da vida dos internos en prisión, tales como o ingreso e a excarceración, as comunicacións e visitas, as medidas de seguridade e vixilancia e os distintos tipos de réxime penal.

Doutra banda, a clasificación en terceiro grao e o controvertido principio de flexibilidade penal, serán obxecto dunha atención especial, ao constituír a base para a aplicación do tratamento individualizado en réxime de semilibertad. Esta parte completarase co estudo dos permisos de saída e as saídas programadas, pola importancia que teñen como mecanismos que permiten a progresiva reincorporación dos penados na sociedade libre. 

Un programa completo co que se pretende achegar a calquera persoa que queira coñecer e, sobre todo, entender, unha realidade social descoñecida -a penal- desde unha perspectiva práctica. 

Está dirixido a estudantes dos graos e másteres en Dereito, Criminoloxía, Psicoloxía, Traballo Social, Educación Social, etc. Membros dos corpos e forzas de seguridade; singularmente, Policía Nacional, Gardia Civil, Policías Autonómicas e Policía Local. Policía portuaria. Profesionais do ámbito xurídicopenal e criminolóxico (avogacía, procuraduría, fiscalía, etc.).  Opositores/as aos diferentes niveis da Administración Pública. Empregados dos distintos Corpos da Administración Penal e de atención ás vítimas. Cualqueira persoa interesada na temática do curso.

Pódeste matricular premendo aquí:

  • Matrícula para seguimento en directo dispoñible ata o6 de maio de 2021.  
  • Matrícula para seguimento en diferido dispoñible ata o 10 de maio de 2021. 

Bonificacións na matrícula:

Lembra que, si es alumno/a da UNEDtitor/a do C.A. A Coruña ou da Aula de Ferrolmembro das forzas e corpos de seguridade, ou estás colexiado/a no Colexio Oficial de Logopedas de Galicia ou no Colexio Profesional de Procuradores da Coruña terás un desconto no precio da matrícula

Seguimos online, seguimos contigo!

Máis información en:

  • - Secretaría da Aula UNED de Ferrol, no teléfono: 981 36 40 26 (de 16:00h a 19:00h) ou no correo electrónico: info@ferrol.uned.es 

-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña   

Ampliado o prazo de matrícula do CUID ó 16 de noviembro de 2018. Estuda idiomas na UNED nas modalidades semipresencial e on-line.+ info
Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 26/27+info
Convocatoria pública. Vacante de profesorado tutor interino de Master Universitario en Formación del Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanzas de idiomas (curso 2026-27)+info
AVISO: El Servicio de Biblioteca del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado el 12-06.El aula de estudio permanecerá abierta
Disculpen las molestias.
Horario de verano (de 8hs a 14h): De lunes a viernes del 1 de junio al 15 de septiembre, ambos incluidos. Se exceptúan las semanas de exámenes en las que se mantendrá el horario ordinario. 
Consulte el horario de atención al público en cada Servicio del Centro.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es