Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Sénior A Coruña

26 de julio de 2021

O alumnado Sénior da Coruña recibirá os seus diplomas do curso 2020-21 mañá nun acto organizado en Guitiriz

Aproveitando a festividade dos avós, a  UNED Sénior A Coruña celebrará mañá un acto no que se entregarán os diplomas ao alumnado deste curso 2020/21..

A celebración terá lugar en La Casilla (Guitiriz) e, ebido ás actuais restricións sanitarias de alerta pola COVID-19, contará con medidas de seguridade, como o aforo limitado de 100 persoas e a separación en mesas de 4 persoas máximo. 

A entrega dos diplomas ao alumnado Sénior das aulas de Guitiriz, Xermade, Monfero, Aranga, Paderne, Lousame, Brión e outros outros concellos do programa da Coruña, comezará ás 12:00h e alongarase ata as 17:30h. Contará coa presencia de Dª. Marisol Morandeira, alcaldesa de Guitiriz e de D. Luis Rodríguez Patiñocoordinador da UNED Sénior da Coruña, que serán os encargados de entregar os seus diplomas ao alumnado deste curso 2020-21.

Durante o acto realizaranse lecturas de homenaxe ás nosas avoas e avós, así como tamén ao noso alumnado máis veterano que, un ano máis, foi un exemplo de superación das adversidades, dando continuidade aos seus estudos a pesar da situación pandémica.

A celebración contará, ademais, coa actuación das diversas aulas de música del programa Sénior de A Coruña que, xunto cos seus profesores, ofrecerá un recital a todas as persoas presentes nos xardíns do complexo hostaleiro de Guitiriz.

Prabéns a todo o alumnado Sénior da Coruña.

Máis información en:

  • Secretaría do C.A. UNED A Coruña, no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es
  • Tamén podes solicitar información nos concellos colaboradores onde hai Aulas da UNED Sénior da Coruña. 

-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña 

Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO. El servicio de Secretaría del Aula de Ferrol dispondrá de atención al público desde las 10:00 el jueves 26 de junio. Disculpen las molestias.
Horario de verano. A partir del 9 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 8 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Convocatoria de la IV Edición del Programa Campus Rural para estudiantes de la UNED+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es