Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Comeza a convocatoria extraordinaria de exames

2 de septiembre de 2024

As probas presenciais terán lugar na semana do 2 ao 7 de setembro

O actual curso académico 2023-2024 rematará en setembro coa convocatoria extraordinaria de exames. Lembrámosvos que as probas presenciais desenvólvense nunha única semana de exames, do luns 2 ao sábado 7 de setembro.

Se tedes dúbidas sobre o calendario de exames dos estudos que estades a cursar, consultade a seguinte páxina web para confirmar as datas de cada convocatoria (febreiro, xuño e setembro).

Exames de reserva

As sesións de reserva para Grao e Mestrado en centros nacionais terán lugar o sábado 7 de setembro de acordo co seguinte horario: 

  • 9:00 h.: para exames celebrados nas sesións do luns, martes e mércores.
  • 16.00 h.: para exames celebrados nas sesións do xoves e venres.

Unicamente poderán concorrer aqueles estudantes a quen lles coincida dous ou máis materias no mesmo día e a mesma hora. Nos centros no exterior, tamén noutras circunstancias, como residencia nun país diferente ao centro, presentación en máis de dúas materias en datas que obriguen a un novo desprazamento, ou por motivos laborais xustificados.

Excepcionalmente, o Presidente/a valorará a solicitude por causas extraordinarias, que deberán quedar acreditadas con anterioridade á data prevista para as probas de reserva.

Nos estudos de Mestrado, os estudantes terán dereito a reserva sen autorización previa, pero si é recomendable enviar comunicación ao centro con anterioridade. 

Todos os estudantes presentaranse á hora de inicio da sesión. 

Poderanse realizar un máximo de 3 exames sen interrupción durante 4 horas. En caso de presentarse a 1 ou 2 exames, o tempo máximo axustarase ao establecido en cada un.

Como examinarse na UNED?: algúns consellos

En canto á realización de probas presenciais, a UNED aplica os seguintes criterios xerais comúns para estudos de Grao e Mestrado:

Entrada á aula

  • Acode ao centro de exame 30 minutos antes do inicio da sesión.
  • Presenta ao tribunal a túa identificación (carné de estudante e DNI ou pasaporte). Se non dispós de carné de estudante, contacta co teu centro asociado.
  • A túa localización na aula está indicada na folla de cabeceira do teu exame.

Durante a sesión

  • Le atentamente as instrucións do exame.
  • Completa todos os teus datos en todas as follas que empregues.
  • Non escribas no reverso da folla de cabeceira do exame.
  • Unicamente poderás ter sobre a mesa o material permitido indicado no exame.
  • Está prohibido o uso e tenencia de calquera dispositivo electrónico (móbiles, tabletas, smartwatches), que deberán estar apagados e fóra do alcance, así como o material non permitido sinalado no exame.

Entrega do exame

  • Poderás entregar o teu exame 30 minutos despois do comezo da sesión, unha vez así o indique o tribunal.
  • Revisa o exame na súa integridade. A folla de cabeceira debe ir en primeiro lugar. Anota nela o número de follas entregadas.
  • Mostra ao tribunal a túa identificación.
  • Fai a entrega en silencio, respectando aos compañeiros/as.
  • A partir do día seguinte, terás dispoñible na Secretaría Virtual o certificado de asistencia.

Máis información

  • Secretaría do C.A. UNED A Coruña no teléfono 981 14 50 51 ou no correo electrónico info@a-coruna.uned.es.
  • Secretaría do Aula UNED de Ferrol no teléfono 981 36 40 26 ou no correo electrónico info@ferrol.uned.es.

Ampliado o prazo de matrícula do CUID ó 16 de noviembro de 2018. Estuda idiomas na UNED nas modalidades semipresencial e on-line.+ info
Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 26/27+info
Convocatoria pública. Vacante de profesorado tutor interino de Master Universitario en Formación del Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanzas de idiomas (curso 2026-27)+info
AVISO: El Servicio de Biblioteca del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado el 12-06.El aula de estudio permanecerá abierta
Disculpen las molestias.
Horario de verano (de 8hs a 14h): De lunes a viernes del 1 de junio al 15 de septiembre, ambos incluidos. Se exceptúan las semanas de exámenes en las que se mantendrá el horario ordinario. 
Consulte el horario de atención al público en cada Servicio del Centro.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es