Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

60 Medallas para 25 anos

19 de junio de 2013

O venres tivo lugar a celebración de entrega de medallas ao persoal con máis de 25 anos de servizos.

O pasado venres o centro UNED coruñés, viviu unha tarde de emocións. Unha tarde cargada de reencontros, abrazos, saúdos e anécdotas. Entregáronse as medallas ao recoñecemento por 25 anos de servizos prestados, a profesores titores e persoal de administración e servizos.

A ocasión prometía e non defraudou.

Antes das sete e media da tarde, hora prevista para o comezo do acto, no seo da institución universitaria xa estaban a maioría dos convocados á celebración. Rodas, fotos de grupos, risas e alegría, moita alegría.

Xa no salón de actos, o presidente da Xunta Reitora do Padroado, Antonio Cañás Varela, conduciu o desenvolvemento do acto. A primeira das intervencións estivo a cargo de Ana Novo, secretaria xeral do centro asociado. Fixo unha introdución para todos os presentes dos motivos de tal recoñecemento e deu paso aos representantes dos dous colectivos homenaxeados.

Paz Caxide, representou na súa intervención ao persoal de administración e servizos, colectivo ao que pertence dende hai 30 anos. Pronunciou palabras cargadas de emoción que trasladaron a todos ao difícil comezo que o centro sufriu con moitas carencias materiais, persoais e deu as grazas a todos apoios institucionais que axudaron a conseguir o que hoxe é a UNED en Coruña.

Como representante dos profesores titores, falou Carlos Pateiro, docente do centro dende os seus comezos. As súas palabras, en resumo, recordaron igualmente eses inicios difíciles e tan diferentes ao que toda a comunidade universitaria, vive hoxe en día no seo UNED.

A responsable de finalizar a quenda de intervencións foi Susana Blanco, directora do Centro Asociado. Nas súas palabras, cargadas da nostalxia do momento, destilaban emoción e unha gran dose de recordos que resumiron a evolución vivida, e en moitos casos, sufrida, polo centro e todo o persoal que o acompaño durante estes anos.

"A verdade é que certa precariedade sempre acompañou a andaina deste centro", afirmou", no obstante non foi obstáculo para que un orixinario sistema de traballo cun funcionamento practicamente manual, se transformase pouco a pouco no que hoxe é esta universidade e este centro, punta de lanza no uso de novas tecnoloxías.

Pero esta evolución non só ocupouse da forma, houbo unha gran transformación no seu fondo estrutural e humano. Pódese falar de que a universidade viviu unha evolución social.

Susana, ofreceu ao aforamento datos que non deixaron indiferente a ninguén, o centro comezou o seu funcionamento con dous PAS, hoxe son 14. Contaba nos seus inicios para impartir docencia con 41 profesores titores, na actualidade suman 118. Se creou unha sede en Ferrol que dá cobertura a uns 400 alumnos da zona. Dos 755 alumnos matriculados cando o centro comezou o seu a funcionar, pasouse a 5000 alumnos de ensinanzas reguladas e 2000, en ensinanzas non reguladas.

A pesar de todos estes datos positivos e alentadores, "a ratio de persoal por alumno segue sendo a mesma", desvelou a directora.

Como broche final na quenda de felicitacións aos homenaxeados, Susana Blanco encargouse de transmitir os parabens de Antonio Fernández, vicereitor de centros asociados da UNED.

Moitas grazas a todos, profesores titores, PAS, alumnos e persoal de equipos directivos, a todos os que fixeron do centro asociado UNED A Coruña, o que é hoxe. A por outros 25 anos máis!.

Para calquera cuestión relativa a esta noticia enviar un correo electrónico a comunicacion@a-coruna.uned.es

p1000218p1000228foto1p1000235bisp1000239p1000226foto17
Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO. El servicio de Secretaría del Aula de Ferrol dispondrá de atención al público desde las 10:00 el jueves 26 de junio. Disculpen las molestias.
Horario de verano. A partir del 9 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 8 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Convocatoria de la IV Edición del Programa Campus Rural para estudiantes de la UNED+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es