Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Alejandro Tiana Ferrer, Reitor da UNED

9 de julio de 2013

Tomou posesión nun acto solemne acompañado de José Ignacio Wert, ministro de Educación, Cultura e Deporte, Juan Gimeno Ullastres, Reitor saínte, e Cesar Alierta, presidente do Consello Social.

Alejandro Tiana Ferrer é, dende onte, o novo Reitor da Universidade Nacional de Educación a distancia.

Tomou posesión nun acto cargado de simbolismo e de emoción. A cita era ás 12:30 horas no salón de actos de humanidades, na cidade universitaria en Madrid. Salón que os membros da comunidade universitaria, anteriores reitores e autoridades, ocuparon para acompañar o novo Reitor neste día tan especial.

O ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert, presidiu e conduciu o acto. Tras as súas primeiras palabras de benvida, dió a palabra á secretaria xeral da UNED, Ana María Marcos del Cano, que procedeu á lectura do Real Decreto polo que se nomea a Alejandro Tiana, como Reitor da UNED.

Os momentos máis emotivos e simbólicos do acto solenmne sucedéronse a continuación, en primeiro lugar coa promesa do cargo do Reitor entrante e inmediatamente despois coa cesión do bastón de mando de mans do seu antecesor e Reitor saínte.

Xa na quenda de intervencións, Juan Gimeno quixo concentrar as súas palabras en agraceder a toda a comunidade universitaria e institucións, o apoio recibido antes de volver ás súas tarefas de docencia e investigación. "Nestes 8 anos aprendín moito. Volvo cargado de máis experiencia, máis coñecemento e máis sabedoría, grazas a todos eles".

Alejandro Tiana, quixo, nas súas primeiras palabras como Reitor, agradecer igualmente a toda a comunidade universitaria o apoio recibido. Tiana é o primeiro Reitor da UNED que provén o campo da Pedagoxía, ámbito ao que adicou 40 anos da súa vida profesional. Por este motivo quixo facer unha mención especial e homenaxe a Manuel Bartolomé Cossío, un referente en Pedagoxía e fonte de inspiración permanente.

Quixo, igualmente, recordar e resaltar os logros alcanzados polos Reitores anteriores, "poñendo o mellor de si mesmos en ao servizo á universidade".

Na última parte da súa intervención e antes de facer referencia á tripla misión universitaria de Ortega e Gasset, Alejandro Tiana refire que "neste momento temos que construír unha paisaxe de futuro, estamos obrigados a actuar. Todos somos necesarios".

José Ignacio Wert pechou a quenda de participacións. Desvelou ao auditorio a extraordinaria coincidencia nos lazos persoais que o unen, tanto ao Reitor entrante coma ao Reitor saínte.

Nunha alusión ao mandado de Juan Gimeno quixo recordar todo o traballo que supuxo para a transformación durante os 8 anos á adaptación da universidade ao Espazo Europeo de Educación Superior. Con ela súmase o esforzo na implementación da administración electrónica e a virtualización.

O reto para o Reitor entrante, Alejandro Tiana, en palabras do ministro de Educación, Cultura e Deporte "é converter unha universidade de último recurso nun centro de recursos para todo o sistema universitario español".

Para finalizar o solemne acto de toma de posesión, soou o Gaudemus Igitur.

Vídeo del acto.

Fotografías: Comunicación UNED

Para calquera cuestión relativa a esta noticia enviar un correo electrónico a comunicacion@a-coruna.uned.es

923725256541dbda281792372592278e9e6645ea92400236387d1b4340b09240009810044d8fa796
Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO. El servicio de Secretaría del Aula de Ferrol dispondrá de atención al público desde las 10:00 el jueves 26 de junio. Disculpen las molestias.
Horario de verano. A partir del 9 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 8 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Convocatoria de la IV Edición del Programa Campus Rural para estudiantes de la UNED+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es