Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O Centro Asociado celebra a Apertura de Curso Académico

30 de octubre de 2013

Durante o acto máis de 60 alumnos recibiron os seus diplomas de titulados.

Eran algo mais das 19:30 horas cando a comitiva atravesaba o salón de actos ao son que os compoñentes da coral "O Eco", interpretaban como signo de benvida aos presentes.

A vicereitora de Formación Permanente da UNED, Dª. María del Carmen García Alonso, cedeu a palabra a Dª. Ana Mónica Novo García, secretaria xeral do Centro Asociado. Novo comezou a súa intervención cunha emotiva mensaxe de condolencia aos familiares dun titor falecido durante este curso, e un alumno que lamentablemente viaxaba no accidente ferroviario de Angrois, Santiago, o 25 de xullo deste ano.

A secretaria xeral, fixo un resumo do acontecido durante o transcurso de curso pasado coa lectura da Memoria 2012/2013.

Finalizada a súa intervención, o encargado de impartir a lección inaugural este ano, o catedrático da Universidade de Santiago en Historia da Arte e profesor titor do Centro Asociado, D. Alfredo Vigo Trasancos, comezou a súa exposición: "Lectura e interpretación dunha obra de arte: a fachada do Obradoiro de la Catedral de Santigo".

Dª. Susana Blanco Miguélez, directora do centro universitario coruñés, encabezou a quenda de palabras, seguida por D. Enrique Salvador Sánchez, concelleiro de Medio e Sanidade do Concello da Coruña, fué o segundo en intervir, seguido de D. Antonio Cañás Varela, presidente do Padroado UNED A Coruña.

Finalizadas as intervencións, os compoñentes da mesa, fixeron entrega de diplomas aos máis de sesenta alumnos que finalizaron estudos superiores durante o pasado curso académico.

O momento máis solemne tivo lugar cando a vicereitora de Formación Permanente, tras unhas palabras ao aforamento, dió por inaugurado o presente curso académico 2013/2014.

Para pechar o acto, á coral polifónica interpretou o Gaudeamus Igitur e o Himno de Galicia.

apertura1
Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO. El servicio de Secretaría del Aula de Ferrol dispondrá de atención al público desde las 10:00 el jueves 26 de junio. Disculpen las molestias.
Horario de verano. A partir del 9 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 8 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Convocatoria de la IV Edición del Programa Campus Rural para estudiantes de la UNED+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es