Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Últimos días para matricularte no Programa de Formación Permanente

19 de noviembre de 2013

Consulta toda o oferta de cursos para este exercicio académico 2013/2014.

Que é a Formación Permanente na UNED?

É unha forma idónea de actualizar coñecementos mediante os cursos de postgrao que a UNED pon a disposición de todo o público interesado a través dos Títulos Propios.

Todos os programas e cursos empregan a metodoloxía específica a distancia da UNED, que combina unha variada tipoloxía de materiais educativos de máxima calidade en soporte imprimido e dixital.

Busca o teu curso AQUÍ.

Como se estrutura?

Programa de Postgrao

Programa de Desenvolvemento Profesional e Persoal

Programa con Estrutura Modular

Que títulos se obteñen?

  • Título de Máster
  • Diploma de Experto
  • Diploma de Especialización
  • Diploma de Capacitación Profesional
  • Certificado de Formación do Profesorado
  • Certificado de Ensino Aberto

Que titulación de acceso se necesita?

  • Máster, Especialista Universitario e Experto Universitario
Estar en posesión dun título de Graduado, Diplomado, Enxeñeiro técnico ou Arquitecto Técnico. *O director do curso poderá propoñer que se establezan requisitos adicionais de formación previa específica nalgunhas disciplinas.

Excepcionalmente, nos cursos de Experto Universitario, poderán tamén acceder aos cursos persoas sen titulación universitaria, directamente relacionadas pola súa experiencia profesional coa especialidade do curso, sempre que cumpran cos requisitos legais para cursar estudos universitarios(acceso á universidade).

  • Programa de Formación do Profesorado
Estar en posesión do título de Diplomado, Enxeñeiro Técnico ou Arquitecto Técnico. *Poden tamén acceder a estes cursos alumnos que finalizasen o primeiro ciclo dalgunha licenciatura universitaria.

  • Programa de Ensino Aberto e Desenvolvemento Profesional
Exclusivamente os específicos de cada curso establecidos polo seu director.

Cales son as áreas de coñecemento dos cursos?

  • Ciencias, Enxeñaría e Arquitectura
  • Ciencias Xurídicas e Administración Pública
  • Ciencias Sociais, Relacións Laborais e Cooperación
  • Economía e Xestión Empresarial
  • Educación
  • Humanidades e Artes
  • Informática
  • Linguas
  • Psicoloxía
  • Saúde
  • Seguridade e Defensa

Que Facultades na UNED e Institucións traballan no Programa?

  • Facultade de Ciencias
  • Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
  • Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía
  • Facultade de Dereito
  • Facultade de Educación
  • Facultade de Filoloxía
  • Facultade de Filosofía
  • Facultade de Xeografía e Historia
  • Facultade de Psicoloxía
  • E.T.S. Enxeñeiros Industriais
  • E.T.S. Enxeñaría Informática

Outras Institucións

  • Xerencia
  • Instituto Gutiérrez Mellado
  • Instituto Universitario de Educación a Distancia (IUED)
  • Instituto Universitario de Investigación
  • Instituto Universitario de Investigación de Seguridade Interior

Cal é o prazo de matrícula?

Prazo ordinario: Do 16 de setembro ata o 5 de decembro de 2013 (prorrogado).

Prazo extraordinario (Só para os cursos que así se indique): Do 16 de setembro de 2013 ao 13 de xaneiro de 2014

Máis información de matrícula AQUÍ.

Ampliado o prazo de matrícula do CUID ó 16 de noviembro de 2018. Estuda idiomas na UNED nas modalidades semipresencial e on-line.+ info
Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 26/27+info
Convocatoria pública. Vacante de profesorado tutor interino de Master Universitario en Formación del Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanzas de idiomas (curso 2026-27)+info
AVISO: El Servicio de Biblioteca del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado el 12-06.El aula de estudio permanecerá abierta
Disculpen las molestias.
Horario de verano (de 8hs a 14h): De lunes a viernes del 1 de junio al 15 de septiembre, ambos incluidos. Se exceptúan las semanas de exámenes en las que se mantendrá el horario ordinario. 
Consulte el horario de atención al público en cada Servicio del Centro.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es