Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Maiores de 25, 40 e 45 anos

2 de octubre de 2014

Acceso á Universidade. Ampliado prazo de matrícula ata o 11 de novembro de 2014.

Descarga folleto aquí.

Acceso maiores de 25 anos

Dirixido a aquelas persoas que cumpran ou cumprisen 25 anos antes do 31 de decembro do ano no que se realizan as probas, sempre que non conten xa cun título que lles de acceso á Universidade (PAU-selectividade, formación profesional, diplomatura, licenciatura, etc.).

Existen dúas alternativas para superar a proba libre de acceso para maiores de 25 anos:

1.- Matricularse no curso de Acceso para maiores de 25 anos. En que consiste este curso:

  • É como calquera outro curso. Hai un programa de estudos para cada materia, apoio docente en calquera das modalidades que ofrece a UNED; asistir a titorías presenciais no centro asociado que imparte o titor correspondente, aos cursos virtuais dende un PC ou pódese consultar dúbidas ao equipo docente en sede central.
  • Hai probas presenciais -exames- de cada materia en dúas convocatorias -oportunidades- en maio/xuño e en setembro.
  • Os estudantes matriculados no curso de Acceso para maiores de 25 anos que superen só unha das dúas fases da que se compón a proba cunha cualificación de polo menos 5 puntos, e non superasen a proba completa, poderán conservar a cualificación da fase superada e facela valer no curso de Acceso para maiores de 25 anos da UNED no curso académico inmediatamente posterior, no que deberán superar só a fase que lles quede pendente.

2-. Inscribirse na Proba Libre de Acceso para maiores de 25 anos

  • Non é un curso, é unha proba.
  • Hai unha única convocatoria para realizar a proba: meses de maio/xuño.
  • Non se conserva a cualificación da fase superada, en caso de non aprobar as dúas.
  • Non poden presentarse ás probas de avaliación continua, polo que a cualificación depende só dos resultados dos exames.

Prazo de matrícula:

  • Ampliado prazo de matrícula ata o 11 de novembro de 2014.

Máis información aquí.

Acceso maiores de 40 anos

  • Acceso por acreditación de experiencia profesional valorada polo órgano correspondente da Universidade.
  • Mínimo de 10 anos de experiencia laboral ou profesional.
  • Este acceso permitirá matricularse nun Grao relacionado coa experiencia acreditada.
  • Non deberán ter título que dea acceso á universidade -PAU-selectividade, diplomatura, licenciatura, título de FP de técnico superior ou equivalente-.
  • Ter cumprido 40 anos antes do 31 de decembro do ano en curso da convocatoria.

Prazo de solicitude:

  • Do 7 de abril ao 17 de abril de 2015.

Máis información aquí.

Acceso a maiores de 45 anos

As persoas que cumpran ou cumprisen 45 anos antes do 31 de decembro do ano no que se realizan as probas.

Non deberán ter título que dea acceso á Universidade -PAU-selectividade, diplomatura, licenciatura, título de FP de técnico superior ou equivalente-.

Hai dúas alternativas para superar a proba de acceso de maiores de 45 anos:

1.- Matricularse no curso de Acceso para maiores de 45 anos:

  • É como calquera outro curso. Hai un programa de estudos para cada materia, apoio docente en calquera das modalidades que ofrece a UNED; asistir a titorías presenciais no centro asociado que imparte o titor correspondente, aos cursos virtuais dende un PC ou pódese consultar dúbidas ao equipo docente en sede central.
  • Hai probas presenciais -exames- de cada materia en dúas convocatorias -oportunidades- en maio/xuño e en setembro.
  • Prazo ampliado ata o 11 de novembro de 2014.

2.- Inscribirse na Proba Libre de Acceso para maiores de 45 anos:

  • Non é un curso, é unha proba.
  • Hai unha única convocatoria para realizar a proba: meses de maio e xuño.
  • Prazo: do 2 ao 13 de febreiro de 2015.

Máis información aquí.

Ampliado o prazo de matrícula do CUID ó 16 de noviembro de 2018. Estuda idiomas na UNED nas modalidades semipresencial e on-line.+ info
Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 26/27+info
Convocatoria pública. Vacante de profesorado tutor interino de Master Universitario en Formación del Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanzas de idiomas (curso 2026-27)+info
AVISO: El Servicio de Biblioteca del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado el 12-06.El aula de estudio permanecerá abierta
Disculpen las molestias.
Horario de verano (de 8hs a 14h): De lunes a viernes del 1 de junio al 15 de septiembre, ambos incluidos. Se exceptúan las semanas de exámenes en las que se mantendrá el horario ordinario. 
Consulte el horario de atención al público en cada Servicio del Centro.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es