Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Que data elixo para examinarme?

15 de enero de 2015

En que data e hora debo presentarme a cada unha das miñas materias?

En primeiro lugar necesitas consultar o día e a hora de exame de cada materia no calendario de exames personalizado en Acceso ao CAMPUS de cada estudante.

Acceso a CAMPUS

  • Para iso debes identificarte en Acceso CAMPUS
  • Unha vez dentro do CAMPUS debes situarte na parte baixa, á dereita, e acceder aos Calendarios personalizados.
  • Os calendarios de exames están dispoñibles dende o inicio oficial do curso para que poidas planificar a túa axenda e posibles desprazamentos.
  • No portal da UNED, en cada Facultade/Escola podes encontrar o enlace ao calendario de exames.

Exames

Os exames na UNED realízanse en dúas sesións pola mañá e dúas pola tarde.

Mañá

  • 1ª sesión de 9:00 a 11:00 horas
  • descanso de 11:00 a 11:30 horas
  • 2ª sesión de 11:30 a 13:30 horas

Tarde

  • 1ª sesión de 16:00 a 18:00 horas
  • descanso de 18:00 a 18:30 horas
  • 2ª sesión de 18:30 a 20:30 horas

Non te esquezas

  • Nas dúas semanas de exames das convocatorias de xaneiro-febreiro, e de maio-xuño, estes realízanse de luns a venres.
  • Nas convocatorias de xaneiro/febreiro e maio/xuño, nos Centros Asociados en España, nos que hai dúas semanas de exames, observa que no calendario de exames se invisten as sesións durante as dúas semanas para facilitar ao alumno a súa asistencia; isto é, os exames que na primeira semana se celebran en sesión de mañá pasarán a celebrarse pola tarde durante a segunda semana e, así mesmo, os exames que na primeira semana son de tarde pasarán á mañá.
  • Isto acontece así, en forma xeral. As excepcións son materias con gran número de alumnos, que dividen o alumnado por orde alfabético nas dúas sesións.
  • Por iso, é moi importante que comprobes o horario dos exames en cada unha das semanas.

Materias

  • Se a materia é anual, realízanse dous exames: un co contido do primeiro cuadrimestre e outro co do segundo.
  • Se a materia é cuatrimestral, realízase ao finalizala, de maneira que se é de primeiro cuadrimestre, te examinarás en xaneiro-febreiro, e se é de segundo cuadrimestre, se examinarás en maio-xuño.
  • O estudante pode presentarse en setembro, cos contidos de materias anuais ou cuatrimestrales, nos seguintes casos:
    • Cando non te presentaches nalgunha das anteriores convocatorias do mesmo ano
    • Cando suspendiches algunha delas.
  • Ao presentarte en setembro cunha materia anual, podes facelo cun cuadrimestre ou ambos os dous (na devandita convocatoria, as dúas partes das materias anuais examínanse o mesmo día, pero en horarios diferentes).

Accede á Guía de como examinarte

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Ampliado o prazo de matrícula do CUID ó 16 de noviembro de 2018. Estuda idiomas na UNED nas modalidades semipresencial e on-line.+ info
Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 26/27+info
Convocatoria pública. Vacante de profesorado tutor interino de Master Universitario en Formación del Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanzas de idiomas (curso 2026-27)+info
AVISO: El Servicio de Biblioteca del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado el 12-06.El aula de estudio permanecerá abierta
Disculpen las molestias.
Horario de verano (de 8hs a 14h): De lunes a viernes del 1 de junio al 15 de septiembre, ambos incluidos. Se exceptúan las semanas de exámenes en las que se mantendrá el horario ordinario. 
Consulte el horario de atención al público en cada Servicio del Centro.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es