Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Actividades formativas específicas na sede A Coruña

23 de febrero de 2015

Mediación, dificultades coa Linguaxe, psicoestimulación en persoas con demencia ou posicionamento local de Pemes en Buscadores.

Esta semana comezan a celebrarse no Centro Asociado, tanto na sede da Coruña, coma na Aula de Ferrol, distintas actividades formativas de carácter específico programadas para este cuadrimestre. O obxectivo principal destes cursos é abordar e afondar nalgunhas das temáticas máis demandadas no actual escenario profesional.

Poden participar todos os membros da comunidade universitaria e público en xeral.

Prácticas en Mediación

Traballaranse as técnicas e as distintas fases do proceso de Mediación dun xeito dinámico e participativo.

  • Días: do 27 de febreiro ao 24 de abril de 2015.
  • Horario: de 16:00 a 21:00 horas.
  • Modalidade: online ou presencial.
  • Máis información aquí.

Psicoestimulación en persoas con demencia

O incremento da esperanza de vida provocou un aumento das demencias, polo que existe un grande interese para axudar a paliar os seus efectos. A psicoestimulación é un tipo de intervención non farmacolóxica no campo das demencias, baséase nas capacidades plásticas do cerebro, a neuroplasticidade.

  • Días: do 27 de febreiro ao 6 de marzo de 2015.
  • Horario: de 17:00 a 21:00 horas.
  • Modalidade: online ou presencial.
  • Máis información aquí.

Detección e prevención de dificultades da Linguaxe e fala na infancia

O proceso de adquisición da linguaxe pode entramar certas dificultades, producíndose frecuentes alteracións no seu desenvolvemento. A detección temperá das condutas comunicativas atípicas ten especial importancia, dado que se pasan desapercibidas ou non se actúa de forma axeitada, son causa de alteración na calidade de vida do individuo e é recoñecida a súa influencia no fracaso escolar.

  • Días: 12 e 13 de marzo de 2015.
  • Horario: de 17:00 a 21:00 horas.
  • Modalidade: online ou presencial.
  • Máis información aquí.

Curso de posicionamento local de Pemes en buscadores

O posicionamento Local de Pemes en motores de busca, representa unha parte importante dos esforzos en mercadotecnia que toda empresa debe realizar, tanto nos seus inicios coma en fases de optimización da súa presenza online en termos de estratexia competitiva.

  • Días: do 17 ao 24 de abril de 2015.
  • Horario: de 17:00 a 21:00 horas.
  • Modalidade: online ou presencial.
  • Máis información aquí.

------------------------~()~-----------------------

Teléfono: 981 14 50 51

info@a-coruna.uned.es

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en Facebook.

dificultadeslenguajemarzo2015demenciasfebrero20154974mediacionfebrero2015buscadorespymesabril2015
Ampliado o prazo de matrícula do CUID ó 16 de noviembro de 2018. Estuda idiomas na UNED nas modalidades semipresencial e on-line.+ info
Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 26/27+info
Convocatoria pública. Vacante de profesorado tutor interino de Master Universitario en Formación del Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanzas de idiomas (curso 2026-27)+info
AVISO: El Servicio de Biblioteca del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado el 12-06.El aula de estudio permanecerá abierta
Disculpen las molestias.
Horario de verano (de 8hs a 14h): De lunes a viernes del 1 de junio al 15 de septiembre, ambos incluidos. Se exceptúan las semanas de exámenes en las que se mantendrá el horario ordinario. 
Consulte el horario de atención al público en cada Servicio del Centro.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es