Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Ciclo de Actividades organizadas pola Delegación de Alumnos

13 de febrero de 2015

Do 20 de febreiro ao 26 de marzo.

A Delegación de Alumnos do Centro Asociado UNED A Coruña, organiza, entre outras das súas iniciativas e como vén sendo habitual durante os últimos cursos académicos, un Ciclo de Actividades de acceso libre onde se abordan distintas temáticas de interese cultural.

O programa de actividades para este curso académico arranca o próximo venres 20 de febreiro coa conferencia impartida por Pedro Javier González Rodríguez, profesor titor deste Centro baixo o título "De prata y prateiros. A propósito dun cáliz Xacobeo".

As actividades que completan o programa son as seguintes:

Visita guiada á exposición Román Navarro

  • Día: 23 de febreiro de 2015.
  • Horario: de 18:00 a 19:00 horas.
  • Modalidade: Presencial no Museo Militar Rexional.
  • Acceso: libre, logo de inscrición na actividade suxeita a número máximo de matriculados por visita, ver dispoñibilidade na propia actividade.
  • Máis información aquí.

Visita guiada á exposión o primeiro Picasso

  • Día: 25 de febreiro de 2015.
  • Horario: de 18:00 a 19:30 horas.
  • Modalidade: Presencial no Museo de Belas Artes da Coruña.
  • Acceso: libre, logo de inscrición na actividade suxeita a número máximo de matriculados por visita, ver dispoñibilidade na propia actividade.
  • Máis información aquí.

O Escorial galego e Monforte de Lemos

  • Día: 4 de marzo de 2015.
  • Horario: de 19:00 a 20:30 horas.
  • Imparte: Elia Rodríguez Montero. Historiadora de Arte.
  • Modalidade: Presencial na sede da Coruña.
  • Acceso: libre, logo de inscrición na plataforma de actividades UNED webex.
  • Máis información aquí.

As Estrelas e Galileo

  • Día: 13 de marzo de 2015.
  • Horario: de 19:45 a 20:45 horas a primeira parte, a partir das 21:00 horas, a segunda parte.
  • Imparte: Borja González Tosar. Máster en Astronomia e Astrofisica, Universidade Internacional Valenciana.
  • Modalidade: Presencial na sede da Coruña a primeira parte, a segunda parte da actividade; a observación astronómica, a partir das 21:00 horas na praza da Tolerancia.
  • Acceso: libre, logo de inscrición na plataforma de actividades UNED webex.
  • Máis información aquí.

Arqueoloxía Marítima Romana no Golfo de Ártabros

  • Día: 26 de marzo de 2015.
  • Horario: de 18:00 a 20:30 horas.
  • Imparte: David Fernández Abella.
  • Modalidade: Presencial na sede da Coruña.
  • Acceso: libre, logo de inscrición na plataforma de actividades UNED webex.
  • Máis información aquí.

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en Facebook.

deplatayplaterosdafebrero2015visitaexposicionromannavarrovisitaguiadapicassofebrero2015conferenciadamonfortelemosmarzo20155186estrellasygalileomarzo2015arqueologiamaritimamarzo2015
Ampliado o prazo de matrícula do CUID ó 16 de noviembro de 2018. Estuda idiomas na UNED nas modalidades semipresencial e on-line.+ info
Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 26/27+info
Convocatoria pública. Vacante de profesorado tutor interino de Master Universitario en Formación del Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanzas de idiomas (curso 2026-27)+info
AVISO: El Servicio de Biblioteca del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado el 12-06.El aula de estudio permanecerá abierta
Disculpen las molestias.
Horario de verano (de 8hs a 14h): De lunes a viernes del 1 de junio al 15 de septiembre, ambos incluidos. Se exceptúan las semanas de exámenes en las que se mantendrá el horario ordinario. 
Consulte el horario de atención al público en cada Servicio del Centro.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es