Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Coñecer as etapas do desenvolvemento da linguaxe nos nenos axudará a identificar posibles anomalías e atrasos"

10 de marzo de 2015

Lina González, logopeda.

Lina González Vázquez, é Diplomada en Logopedia, Técnica en Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en Institucións Sociais, é tamén Experta en Residencias e Atención a Persoas Maiores e Postgrao en Intervención Cognitiva e Logopédica no lesionado cerebral.

Conta con máis de 15 anos de experiencia, como logopeda, dende rehabilitación cognitiva de persoas maiores (psicoestimulación), atención a necesidades educativas especiais, atención sociosanitaria en parálise cerebral, en diferentes ámbitos e colectivos.

Desenvolveu a súa carreira profesional compaxinando en todo momento, o seu labor como logopeda en diversas entidades como RCP Rehabilitación, Sycer Psicólogos, ASPACE, Sanitas Residencial, Centro Geróntologico "A Milagrosa", Hospital Marítimo de Oza, ADACECO, Centros de Autismo ou o hospital de referencia na Coruña, o CHUAC, desenvolvendo o seu labor como autónoma, en casos especiais, servizo domiciliario, sen esquecer a súa formación complementaria e permanente ao longo da súa carreira profesional, sempre en busca dunha mellor calidade do traballo desenvolvido.

Cal é a diferenza entre problema na linguaxe e problema no fala?

"Aínda que con frecuencia se utilizan indistintamente, ambos os dous termos definen dous conceptos claramente diferenciados. A linguaxe é a capacidade propia do ser humano de expresar pensamentos con precisión e intercambiar información complexa e abstracta. A linguaxe non ten por que ser exclusivamente oral (así falamos de linguaxe escrita, xestual, artificial....). O fala, pola súa banda, é a expresión oral da linguaxe utilizando a lingua específica (é dicir, o sistema de signos propio dos falantes dunha comunidade) ou, dito doutra forma, unha serie de sons articulados, organizados e xerarquizados que o noso interlocutor sabe entender,".

Que factores se teñen que dar para falar dun problema de linguaxe nun neno?

"Os trastornos da linguaxe son moi heteroxéneos e supoñen un reto para a súa axeitada detección. É fundamental coñecer os esquemas básicos de avaliación inicial para non demorar o diagnóstico e a abordaxe terapéutica.

Os trastornos da linguaxe configuran un grupo moi heteroxéneo de alteracións no desenvolvemento ou adquiridas, caracterizadas principalmente por déficit na comprensión, produción e uso da linguaxe. Este termo engloba un amplo grupo de patoloxías moi diversas en relación coa súa orixe, evolución e, polo tanto, con diferente tratamento e prognóstico.

Coñecer as etapas do desenvolvemento da linguaxe nos nenos axudará a identificar posibles anomalías e atrasos".

Este tipo de problemas, a que idade adoitan aparecer?

"Non hai unha idade concreta e dependerá moito da causa que o orixine. Podería ser dende o mesmo momento do nacemento, evidenciándose de múltiples formas, polo que é importante saber as etapas do desenvolvemento (0-6 anos).

Con respecto aos atrasos do fala, pódese dicir que o neno tarda en empezar a falar cando aos 2 anos e máis ou menos un mes non posúe máis de 50 palabras intelixibles ou non produce enunciados de dúas palabras.

Cando cumpridos os 3 anos o neno presenta sinais como:

· Alteración na organización da linguaxe. É dicir, son capaces de pronunciar sons illados e grupos de sons, pero presentan dificultades para formar con eles as palabras.

· Atraso na adquisición do xogo simbólico.

· Reducen ao mínimo o uso de proposicións, de nexos e utilizan moitas simplificacións fonolóxicas

· Imita pero non pronuncia frases de forma espontánea.

Fálase dun atraso específico severo da linguaxe e cando aos 3 ou 4 anos pronuncia as súas primeiras palabras, fálase de disfasia, un trastorno que impide o desenvolvemento normal da expresión e a comprensión de conceptos".

Que mecanismos hai de detección temperá?

"Existen múltiples diferenzas individuais na evolución da linguaxe, en calquera caso, se se sospeita que algo non vai como debese, é importante que se consulte cun logopeda ou terapeuta que avaliará o problema".

No ámbito familiar e a xeito de prevención, cales son os estímulos idóneos para traballar cos nenos e nenas?

"A atención temperá é unha aposta firme con independencia da idade do neno.

O un ambiente lúdico a través de contos, cancións e xogos así como a presentación de diferentes estímulos visuais, auditivos, táctiles... é unha boa forma de tratar estas dificultades da linguaxe, sempre dentro dun marco de desenvolvemento xeral do neno.

A imitación xoga un papel crucial para a adquisición da linguaxe e do fala, polo que é aconsellable seguir unha serie de pautas:

· Non incorporar no vocabulario familiar as palabras mal pronunciadas.

· Correxir as palabras mal pronunciadas ofrecendo o modelo correcto.

· Manter a conversación de xeito frontal, que nos vexa a cara para que aprenda os movementos orofaciales.

· Non utilizar palabras infantilizadas para denominar obxectos.

· Deixar rematar o neno cando explica algo, permitirlle que se exprese aínda que tarde".

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en Facebook.

Ampliado o prazo de matrícula do CUID ó 16 de noviembro de 2018. Estuda idiomas na UNED nas modalidades semipresencial e on-line.+ info
Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 26/27+info
Convocatoria pública. Vacante de profesorado tutor interino de Master Universitario en Formación del Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanzas de idiomas (curso 2026-27)+info
AVISO: El Servicio de Biblioteca del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado el 12-06.El aula de estudio permanecerá abierta
Disculpen las molestias.
Horario de verano (de 8hs a 14h): De lunes a viernes del 1 de junio al 15 de septiembre, ambos incluidos. Se exceptúan las semanas de exámenes en las que se mantendrá el horario ordinario. 
Consulte el horario de atención al público en cada Servicio del Centro.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es