Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Sénior A Coruña

24 de septiembre de 2015

A súa especial homenaxe á muller o Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Mulleres, Nenas e Nenos.

Onte a media mañá, tivo lugar no municipio de Paderne a presentación de Germán Carro, director do Centro Asociado UNED A Coruña, aos alumnos e profesores do Programa Sénior A Coruña da zona.

Durante ese encontro informal, desenvolvéronse distintas actividades promovidas polos alumnos con motivo da celebración do Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Mulleres, Nenas e Nenos.

Luís Anxo Rodríguez abriu a quenda de participacións dando a benvida aos presentes e cedendo a palabra a Germán Carro, director do Centro Asociado. Carro non quixo deixar pasar a ocasión para felicitar a todos os participantes do proxecto, e manifestar o seu compromiso continuista e a intención de reforzar o Programa e se fose posible, ampliar e mellorar os servizos que ofrece. Xesto que todos os séniores agradeceron cun fortísimo e caloroso aplauso.

Estivo María Díaz de Robles, coordinadora de Extensión Universitaria da UNED A Coruña.

Finalizada ao interpretación do Coro, Mercedes Cachaza, habitual plumilla e cronista deste veterano colectivo estudantil, leu un manifesto en defensa de todas as mulleres e nenos que atravesan unha situación de explotación.

Amador, integrante do grupo musical, interpretou un só co que cativou aos presentes e acto seguido deu paso a Josefina, que deleitou ao aforamento coa declamación de varios Romances populares, rescatados para a súa conservación.

A quenda de participación pechouno Lourdes Pérez coa lectura doutro manifesto en contra de toda explotación sexual ás mulleres e en repulsa de toda acción violenta contra en xénero femenido.Lourdes, como a súa compañeira Mercedes, é unha das cronistas oficiais deste estusiasta grupo.

Como broche de ouro, alumnos de acordeón, saxos, e gaitas, clausuraron unha xornada intensa e cargada de reinvindicaciones e moita emoción.

Blog de la UNED Sénior A Coruña.

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

luismercedescachaza3529lourdesamadorfinacoro
Ampliado o prazo de matrícula do CUID ó 16 de noviembro de 2018. Estuda idiomas na UNED nas modalidades semipresencial e on-line.+ info
Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 26/27+info
Convocatoria pública. Vacante de profesorado tutor interino de Master Universitario en Formación del Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanzas de idiomas (curso 2026-27)+info
AVISO: El Servicio de Biblioteca del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado el 12-06.El aula de estudio permanecerá abierta
Disculpen las molestias.
Horario de verano (de 8hs a 14h): De lunes a viernes del 1 de junio al 15 de septiembre, ambos incluidos. Se exceptúan las semanas de exámenes en las que se mantendrá el horario ordinario. 
Consulte el horario de atención al público en cada Servicio del Centro.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es