Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Plan de Acollida ao Alumno. Curso 2017/2018

28 de septiembre de 2017

Comunicación UNED A Coruña. Dámosche as claves de como estar informado (prazos, bolsas, cursos, procedementos...) e ao día na túa vida académica.

O vindeiro venres 6 de outubro a partir das 17:00 horas no salón de actos da sede da Coruña, celebrarase unha nova actividade recollida dentro do Plan Anual de Acollida ao Alumno para o curso 2017/2018, "Comunicación UNED A Coruña. Dámosche as claves de como estar informado e ao día na túa vida académica".

Trátase dunha sesión informativa de acceso libre que poderá seguirse en liña e na que se expoñerán as canles habituais de transmisión de información do Centro Asociado. Estará a cargo de María Sandra Álvarez Lema, responsable de Comunicación do Centro, e Manuel Serantes Pérez, xestor TIC na UNED A Coruña.

Durante esta xornada presentaranse as canles de comunicación do Centro Asociado dentro do contido web e as distintas redes sociais que están activas para o alumno. Prazos, convocatorias, bolsas, cursos, procedementos, crónicas, entrevistas, información institucional de interese, así como a forma de participar de forma activa na vida do Centro. Todas as canles sociais e o procedemento para obter información de interese a través delas, son algúns dos temas a abordar durante esta actividade.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

AVISO: Suspéndense as titorías do xoves 10 de outubro con motivo da celebración do Acto Oficial de Apertura do curso académico 2019-2020.
Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 26/27+info
Convocatorias de Bolsas do Centro Asociado+info
AVISO: El Servicio de Librería  del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado los días 26 y 27 de marzo, en horario de mañana.
Disculpen las molestias.
AVISO: El Servicio de Secretaría del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado el 26 y 27 de marzo en horario de tarde. Disculpen las molestias
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es