Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Comezan as charlas informativas nos centros de ensino secundario

28 de febrero de 2018

Germán Carro, director do Centro Asociado, Mariña Calvo, delegada de alumnos e Jonathan Lema, alumno UNED, se desplaron ao IES Fernándo Wirtz Suárez.

Dentro das accións programadas -con carácter anual- desde o Centro Asociado UNED A Coruña para dar a coñecer esta universidade; o seu alcance adémico e oferta de estudos, inclúense as visitas informativas aos centros de ensino secundario. 

 O director do Centro Asociado, Germán Carro, é o encargado de levar o Centro Asociado a estes puntos de encontro con mozos aos que ao longo deste curso, tócalles a nada fácil tarefa de elixir que estudos superiores van cursar e que percorrido profesional van iniciar. O encontro de onte era no IES Fernando Wirtz Suárez. 

"Durante a charla de onte houbo unha primeira parte na que expuxen as características diferenciadoras da UNED fronte ás universidades presenciais, cuestión que preguntan con frencuencia. Desenvolvín cada unha delas: a omisión de numeros clausus, a flexibilidade de elección e matrícula de materias de calquera curso do Grao sen a esixencia de mínimo de créditos obrigatorios, ou a non menos importante plasticidade horaria -grazas aos medios telemáticos e presenciais que a UNED pon a disposión do alumno- garante dunha óptima organización da vida universitaria, en convivencia con responsabilidades laborais ou familiares. Ao longo do encontro referinme a outra cuestión nada baladí: a ausencia de nota de corte para a elección e acceso a Graos Oficiais, singularidade que permite unha maior e mellor elección de estudos, acorde coas preferencias persoais". 

Durante a reunión, o director do Centro Asociado estivo acompañado de Mariña Calvo Durán, actual delegada do Centro e delegada da Sección de Dereito e delegada nacional do este Grao, xunto con Jonathan Lema Touriñán, alumno que ostentou a delegación de distintas seccións durante os últimos cursos. "Mariña comentou a súa experiencia persoal como alumna na UNED e a súa experiencia como delegada nos distintos estamentos de representación estudantil que representa. Jonathan falou da súa experiencia tanto na universidade presencial como na UNED; resaltou a importancia da flexibilidade horaria para unha boa organización académica e como importante particularidade para estudar o que sempre quixo - comentaba Carro-". 

A charla finalizaba coas respostas do director do Centro Asociado ás moitas preguntas dos alumnos deste centro de ensino secundario e relatando unha pequena parte do anecdotaro como alumno UNED.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO. El servicio de Secretaría del Aula de Ferrol dispondrá de atención al público desde las 10:00 el jueves 26 de junio. Disculpen las molestias.
Horario de verano. A partir del 9 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 8 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Convocatoria de la IV Edición del Programa Campus Rural para estudiantes de la UNED+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es