Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Nazca: O soño creador. Homenaxe a María Reiche"

25 de abril de 2018

Celebrarase o martes 15 de maio, a partir das 19:00 horas na sede da UNED A Coruña e poderase seguir en liña e en diferido. A entrada será libre.

Gustavo García Roig, fotógrafo especializado nas "Raíces da Humanidade", estará á fronte da conferencia "Nazca: O soño creador. Homenaxe a María Reiche" . Unha charla dividida en dúas partes: un primeiro momento de exposición oral e unha segunda sesión de contido fotográfico inspirado en torno ao "descubrimento" desta manifestación cultural datada no ano 1941.

Falarase do singular traballo de María Reiche durante 51 anos da súa vida e da sobresaliente entrega a este proxecto, froito diso coñécese e conserva este importante legado recoñecido pola UNESCO.

Nazca e os seus geoglifos, figuras ou liñas - Patrimonio Cultural da Humanidade- sitúase nas Pampas de Nazca, en Perú, "un xigantesco libro de astronomía" segundo Paul Kosok, historiador e antropólogo estadounidense quen xunto a María Reiche iniciou o traballo na zona.

A conferencia, organizada pola Delegación de Alumnos do Centro Asociado, celebrarase o martes 15 de maio, a partir das 19:00 horas na sede da UNED A Coruña e poderase seguir nas modalidades en liña e en diferido.

A entrada será gratuíta, necesaria inscrición na plataforma.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Ampliado o prazo de matrícula do CUID ó 16 de noviembro de 2018. Estuda idiomas na UNED nas modalidades semipresencial e on-line.+ info
Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 26/27+info
Convocatoria pública. Vacante de profesorado tutor interino de Master Universitario en Formación del Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanzas de idiomas (curso 2026-27)+info
AVISO: El Servicio de Biblioteca del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado el 12-06.El aula de estudio permanecerá abierta
Disculpen las molestias.
Horario de verano (de 8hs a 14h): De lunes a viernes del 1 de junio al 15 de septiembre, ambos incluidos. Se exceptúan las semanas de exámenes en las que se mantendrá el horario ordinario. 
Consulte el horario de atención al público en cada Servicio del Centro.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es