Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Vídeos da actividade: "Mercado do crédito hipotecario e información precontractual"

22 de noviembre de 2018

Se te perdiches esta actividade organizada pola ADICAE no noso Centro o pasado 09 de novembro, agora pódela ver na nosa Videoteca.

Xa están dispoñibles na nosa web as grabacións do Encontro sobre "Mercado do crédito hipotecario e información precontractual" que se celebrou na sede da Coruña o venres 09 de novembro. 

Nesta xornada, organizada pola ADICAE Galicia, de acceso gratuíto i emitida a través de streaming, diferentes expertos presentaron cuestións sobre o mercado hipotecario, a oferta hipotecaria, a información precontractual i, en xeral, sobre os problemas máis habituais dos consumidores. Dita actividade, enmarcada dentro do proxecto concedido á ADICAE por AECOSAN, Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social): “Retos dos consumidores nas hipotecas e créditos: contratación a distancia con entidades financeiras e non financeiras”, tiña como obxectivo principal a análise da situación actual do mercado hipotecario desde o punto de vista xurídico e desde o punto de vista económico, co fin de formar e informar nun consumo crítico e responsable.    

Se te perdiches a actividade, agora pódela ver a través dos seguintes vídeos:

  • Apertura e presentación a cargo de Dª. Ana Belén Folgar, Secretaria Xeral de ADICAE Galicia e Perspectiva da Xudicatura, impartida por D. José María Fernández Abella, Maxistrado - Xuiz na Coruña. 

  • Perspectiva da Avogacía, impartida por Dª. Mª Belén Fuentes Salorio, Avogada especialista en Dereito Bancario. 

  • Perspectiva da Procuradoría, impartida por D. Juan Ramón Pedreira Espiñeira, Procurador especialista en Dereito Bancario. 

  • Perspectiva Económica: Conceptos básicos, impartida por Dª. Lucía Boedo Vilabella, Profesora de Economía da Universidade da Coruña (UDC) e Dra. en Economía Financeira e Contabilidade. 

  • Perspectiva Económica: Visión global, impartida por D. José Antonio Pena Beiroa, Economista Consultor. 

  • Clausura, a cargo de D. Manuel Ferreiro García, Consello Xeral ADICAE Galicia. 

Lembra que tamén pódelos atopar na sección de "Videoteca" desta páxina web ou na canle de YouTube do Centro Asociado da Coruña.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Blog UNED Sénior A Coruña

 

Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO. El servicio de Secretaría del Aula de Ferrol dispondrá de atención al público desde las 10:00 el jueves 26 de junio. Disculpen las molestias.
Horario de verano. A partir del 9 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 8 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Convocatoria de la IV Edición del Programa Campus Rural para estudiantes de la UNED+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es