Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Charla gratuíta sobre "A AME (Atrofia Muscular Espinal)"

27 de marzo de 2019

Actividade gratuíta aberta ao público en xeral organizada pola Delegación de Estudantes do Centro da Coruña que se celebrará o vindeiro luns 01 de abril nas modalidades presencial e en liña (streaming directo)

Delegación de Estudantes do Centro organiza está charla enfocada na enfermidade da AME (Atrofia Muscular Espinal), unha enfermidade neuromuscular, de carácter xenético, que se manifesta por unha perda progresiva da forza muscular debido á afectación das neuronas motoras da medula espinal, que fai que o impulso nervioso non se poida transmitir correctamente aos músculos e que estes se atrofien.

Na charla falarase da incidencia desta enfermidade nos nenos con AME tipo I de España e dos avances grazas ao tratamento experimental con spinraza, que logrou que sexan os primeiros infantes con AME tipo I que conseguiron pasar dos 6 meses de vida.

A exposición sobre esta enfermidade estará a cargo principalmente da Asociación Andreas a través de Jéssica Inés Muíños Reyes, presidenta da entidade, Marina Villar Salgado, vicepresidenta Beatriz Ana Morales Iglesias, secretaria da mesma. Tamén intervirá María del Carmen Jimeno Esteo, fisioterapeuta respiratoria, achegando unha visión específica sobre os aspectos médicos da AME.

A actividade celebrarase o vindeiro luns 01 de abril ás 19:00h no salón de actos da sede da UNED da Coruña, aínda que se pode seguir tamén online, en directo a través de streaming ; para iso é necesario inscribirse na actividade (podes facelo aquí)

Máis información no servizo de Secretaría do Centro UNED A Coruña (rúa Educación, 3 – 15011 A Coruña), no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Ampliado o prazo de matrícula do CUID ó 16 de noviembro de 2018. Estuda idiomas na UNED nas modalidades semipresencial e on-line.+ info
Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 26/27+info
Convocatoria pública. Vacante de profesorado tutor interino de Master Universitario en Formación del Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanzas de idiomas (curso 2026-27)+info
AVISO: El Servicio de Biblioteca del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado el 12-06.El aula de estudio permanecerá abierta
Disculpen las molestias.
Horario de verano (de 8hs a 14h): De lunes a viernes del 1 de junio al 15 de septiembre, ambos incluidos. Se exceptúan las semanas de exámenes en las que se mantendrá el horario ordinario. 
Consulte el horario de atención al público en cada Servicio del Centro.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es