Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Biblioteca UNED A Coruña. Día do Libro 2019

25 de abril de 2019

Xa está dispoñible o Mosaico do Día do Libro 2019

Un ano máis, a Biblioteca do Centro Asociado UNED A Coruña confeccionou un mosaico de libros para celebrar o Día do Libro 2019, realizado a partir das achegas da nosa comunidade universitaria.

Na tarde do martes 23 de abril, realizouse o sorteo entre as persoas que participaron coas súas suxestións (coa axuda dunha estudante voluntaria que fixo de man inocente) dos libros "Lectura Fácil" de Cristina Morales (Premio Herralde de Novela) e "Tres Pintores" de Cid Cabido (premio Ánxel Fole de Narración Curta 2018); o premio recaeu en Carmen Gijón Herrera, alumna do grao de Antropoloxía Social e Cultural da UNED, que participou coa recomendación do libro "Onéresis (A Palabra Segreda)". 

Parabéns polo premio á afortunada e grazas a toda a comunidade polas vosas suxestións de lectura e pola vosa participación.

Animámosvos a que revisedes (e leades) os títulos seleccionados.

Máis información en Biblioteca UNED A Coruña (rúa Educación, 3 – 15011 – A Coruña), no teléfono: 981 14 55 60 ou no correo electrónico: biblioteca@a-coruna.uned.es

-------------------------------{}-------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Ampliado o prazo de matrícula do CUID ó 16 de noviembro de 2018. Estuda idiomas na UNED nas modalidades semipresencial e on-line.+ info
Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 26/27+info
Convocatoria pública. Vacante de profesorado tutor interino de Master Universitario en Formación del Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanzas de idiomas (curso 2026-27)+info
AVISO: El Servicio de Biblioteca del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado el 12-06.El aula de estudio permanecerá abierta
Disculpen las molestias.
Horario de verano (de 8hs a 14h): De lunes a viernes del 1 de junio al 15 de septiembre, ambos incluidos. Se exceptúan las semanas de exámenes en las que se mantendrá el horario ordinario. 
Consulte el horario de atención al público en cada Servicio del Centro.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es