Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O Acto Oficial de Apertura do curso académico 2019-2020 celebrarase o xoves 10 de outubro

4 de octubre de 2019

D. Fernando Seoane Prado, antigo director do Centro Asociado da Coruña será o lector inaugural na cerimonia presidida polo vicerreitor de Persoal Docente e Investigador da UNED, D. Miguel Miguens Vázquez. Ese día non haberá titorías.

O Centro Asociado UNED A Coruña celebrará o seu tradicional acto oficial de apertura curso o próximo 10 de outubro

A cerimonia, que dará comezo ás 18:30 horas no salón de actos da sede na Coruña, estará presidida polo vicerreitor de Persoal Docente e Investigador da UNED, D. Miguel Miguens Vázquez, que estará acompañado de D. Ángel Mato Escalona, alcalde de Ferrol e Presidente da Xunta Reitora do Consorcio Universitario UNED A Coruña. Durante a mesma, como en anos anteriores, entregaranse os diplomas aos titulados durante o curso 2018/2019. A lección inaugural titulada "O Centro da UNED da Coruña desde a miña experiencia persoal” correrá a cargo de D. Fernando Seoane Pardo, director do Centro UNED A Coruña de 1982 a 1989.  

Fernando Seoane Prado é doutor en Química (1978) coa cualificación de Sobresaliente cum laude. Licenciouse en Ciencias (Químicas) na Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1975, coa cualificación de Sobresaliente e obtivo o Premio Extraordinario de Licenciatura. En 2001 licenciouse en Dereito pola Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).  

Entre 1982 e 1989 foi director do Centro Asociado á UNED da Coruña onde exerceu de profesor-titor de Química ata o curso 2018/19. Na súa longa traxectoria profesional ostentou diferentes cargos, destacando o seu labor como Xerente da Universidade da Coruña (UDC) (1989-1990), Secretario provincial do INSS da Coruña (1991), Xefe de área de Xestión e Informática da Xerencia Rexional de Galicia do Centro de Xestión Catastral e Cooperación Tributaria (1991-1999), Xefe de Área de Xestión e Informática da Xerencia Rexional do Catastro de Galicia (1999-2005) e Presidente do Tribunal Económico-Administrativo municipal da Coruña desde xuño de 2005. 

Coral Polifónica "El Eco" interpretará o Gaudeamus Igitur ao finalizar a cerimonia.

Lembrámosvos que o día de celebración do Acto de Apertura non haberá titorías.  

>>Nota de Prensa<<

Máis información en:

  • - Secretaría do C.A. UNED A Coruña (rúa Educación 3 -15011 A Coruña), no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es 
  • - Secretaría da Aula UNED de Ferrol (rúa María, 54 - 15402 Ferrol) no teléfono: 981 36 40 26 ou no correo electrónico: info@ferrol.uned.es 
-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Ampliado o prazo de matrícula do CUID ó 16 de noviembro de 2018. Estuda idiomas na UNED nas modalidades semipresencial e on-line.+ info
Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 26/27+info
Convocatoria pública. Vacante de profesorado tutor interino de Master Universitario en Formación del Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanzas de idiomas (curso 2026-27)+info
AVISO: El Servicio de Biblioteca del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado el 12-06.El aula de estudio permanecerá abierta
Disculpen las molestias.
Horario de verano (de 8hs a 14h): De lunes a viernes del 1 de junio al 15 de septiembre, ambos incluidos. Se exceptúan las semanas de exámenes en las que se mantendrá el horario ordinario. 
Consulte el horario de atención al público en cada Servicio del Centro.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es