Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Sénior A Coruña

9 de julio de 2021

A aula de Música de Guitiriz-Xermade finaliza o curso tocando para os usuarios e usuarias do Centro de día de Abadín

O alumnado Sénior da UNED A Coruña da materia de "Música de Galicia" finalizou este curso académico cunha actuación moi especial.

O pasado 07 de xullo, o alumnado máis veterano do noso Centro, realizou unha actuación para as usuarias e usuarios do Centro de día de Abadín, facendo gala, unha vez máis, da solidariedade que lles caracteriza, especialmente neste ano tan marcado pola pandemia.

O concerto tivo lugar na chaira exterior e contou con todas as medidas de seguridade e prevención da COVID-19, coa finalidade de que tanto o noso alumnado, como os usuarios e usuarias, como o persoal do Centro de día de Abadín, puidesen gozar dunha xornada diferente e moi especial.

O tempo, ademais, acompañou esta xornada, favorecendo que tanto o titor como o alumnado Sénior da Coruña, puidesen desfrutar desta primeira actividade da aula de Música de Xermade- Gutiriz tras o inicio da pandemia.

Grazas de novo a Fran, Fina, Martín, Orlando, Ac. Orlando, Toxeiro, Celia, Manolo, Ac Manolo, Maria, Seve, Amador, Cupeiro, Orive e Cruz, por ser un exemplo para toda a comunidade universitaria da UNED

  • odes ver máis imaxes da actividade na web do Concello de Abadín premendo aquí e ver o vídeo da actuación elaborado polo servizo TIC da Deputación de Lugo premendo aquí

Como sempre, o noso alumnado máis veterano é un exemplo de superación das adversidades e de motivación para o resto da comunidade universitaria, de quen estamos tremendamente orgullosos.

Coñece máis sobre a UNED Sénior da Coruña premendo aquí ou sobre outras actividades realizadas, consultando o Blogue deste programa premendo aquí

Máis información en:

-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña   

Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO. El servicio de Secretaría del Aula de Ferrol dispondrá de atención al público desde las 10:00 el jueves 26 de junio. Disculpen las molestias.
Horario de verano. A partir del 9 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 8 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Convocatoria de la IV Edición del Programa Campus Rural para estudiantes de la UNED+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es