Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Conferencia: "Buscando aos suevos no Noroeste"

25 de marzo de 2019

Actividade gratuíta aberta ao público en xeral incluída nos Xoves culturais na UNED A Coruña que se celebrará o vindeiro 28 de marzo nas modalidades presencial e en liña (streaming directo)

O xoves 28 de marzo ás 19:00h celebrarase na sede da Coruña a conferencia Buscando aos suevos no Noroeste”, impartida polo prestixioso investigador David Fernández Abella e dirixida por María J. Loira Enríquez, profesora-titora de Historia da arte no Centro UNED A Coruña.

Esta conferencia versa sobre os aspectos histórico-arqueolóxicos dos Suevos no Noroeste da Península. O autor presentará a procura de indicios do primeiro reino de Occidente na Gallaecia, amparados nun poderoso pasado e importancia remarcada como feito diferencial desde o século XIX, expoñendo que realidades arqueolóxicas se poden observar hoxe desta época histórica e a problemática que se deriva do estudo dos restos materiais do período. A idea fundamental é fomentar o coñecemento histórico-arqueolóxico do período, a través dunha visión xeral da problemática do seu estudo.

David Fernández Abella é licenciado en historia con especialidades en historia medieval, antiga e arqueoloxía, Diploma de estudos avanzados en arqueoloxía e máster en arqueoloxía náutica. Actualmente é investigador de predoutoramento da Universidade de Santiago de Compostela (USC, grupo de investigación Síncrisis). Leva traballando en arqueoloxía profesional desde 2003 e, desde 2007, é xerente da empresa de arqueoloxía Argos SAS SL. Como investigador ocupou a dirección técnica de varios proxectos de investigación da USC e ten participado como equipo en numerosos proxectos de investigación en España e no estranxeiro, que deron lugar a medio centenar de artigos de investigación sobre diferentes temáticas (podes consultar máis información aquí)

A actividade é gratuíta e está aberta a calquera persoa interesada na temática, aínda que pode resultar de especial interese para estudantes dos graos e másteres en Xeografía e Historia, Historia da arte, Antropoloxía Social e Cultural, etc. É necesaria a inscrición previa e pode seguirse tanto en modalidade presencial na sede da UNED da Coruña, como en modalidade online (en directo a través de streaming ).

Podes inscribirte gratis na actividade aquí.

Esta conferencia está incluída na programación “Os xoves culturais na UNED A Coruña”. Consulta o resto de actividades programadas aquí.

Máis información na Secretaría do Centro: rúa Educación, 3 – 15001, A Coruña, no teléfono 981145051 ou no correo electrónico info@a-coruna.uned.es.

>>Nota de Prensa<<

-------------------------------{}-------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Ampliado o prazo de matrícula do CUID ó 16 de noviembro de 2018. Estuda idiomas na UNED nas modalidades semipresencial e on-line.+ info
Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 26/27+info
Convocatoria pública. Vacante de profesorado tutor interino de Master Universitario en Formación del Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanzas de idiomas (curso 2026-27)+info
AVISO: El Servicio de Biblioteca del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado el 12-06.El aula de estudio permanecerá abierta
Disculpen las molestias.
Horario de verano (de 8hs a 14h): De lunes a viernes del 1 de junio al 15 de septiembre, ambos incluidos. Se exceptúan las semanas de exámenes en las que se mantendrá el horario ordinario. 
Consulte el horario de atención al público en cada Servicio del Centro.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es