Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Bolsas Erasmus+ 2018/2019

15 de enero de 2019

Dispoñibles 278 prazas en universidades europeas para estudantes da UNED

Xa está aberta a Convocatoria Erasmus+ destinada a estudantes da UNED de diferentes carreiras universitarias. Na convocatoria deste curso académico ofértanse 278 prazas en distintas universidades europeas.

O programa Erasmus + ten como obxectivo fortalecer a educación, a formación, a mocidade e o deporte en Europa. O programa está destinado, por tanto, a que os/as estudantes matriculados/as na UNED, poidan realizar unha estancia presencial co fin de cursar estudos e obter ao seu regreso o recoñecemento dos créditos cursados en universidades europeas.

Para iso, deberán realizar unha estancia nunca inferior a 3 meses e, como mínimo, cursar 15 créditos ECTS na universidade estranxeira. Estes créditos serán recoñecidos na UNED tras achegar a documentación xustificativa de superalos.

O prazo para a realización das estancias nas universidades estranxeiras terá lugar durante o curso académico 2019/2020 e como máximo ata o 15 de xullo de 2020, aínda que se pode ampliar este período se se desexa. Para axudar a sufragar os gastos, establecéronse unha serie de axudas mensuais segundo país de destino.

Os/as estudantes da UNED interesados/as en participar no programa Erasmus + poderán realizar a solicitude desde o 15 de xaneiro ata o 25 de febreiro de 2019.

Entre os requisitos para poder optar a este programa están ser cidadán dun dos países que establece o Programa; estar matriculado na UNED antes de ser seleccionado e durante a súa estancia na universidade de destino; estar matriculado polo menos, no segundo ano da titulación (Grao) na que solicita a axuda e ter aprobados como mínimo 60 créditos ECTS no momento de enviar a solicitude, ou nos estudos de máster ou doutoramento; tamén poderán solicitar a axuda os estudantes provenientes doutras universidades con polo menos 60 créditos ECTS recoñecidos e que continuarán os estudos na UNED; e posuír o nivel de idioma específico que aparece en cada praza ofertada. 

As prazas dispoñibles segundo Facultades e Escolas son as seguintes:

·        - Escola Técnica Superior de Enxeñería Industrial: 10 prazas en universidades de Alemaña, Bulgaria, Italia, Polonia e Romanía.

·        - Escola Técnica Superior de Enxeñería Informática: 9 prazas en universidades de Bulgaria, Italia e Polonia.

·        - Facultade de Ciencias:

·        a) Sección Ciencias Químicas: 13 prazas en universidades de Alemaña, República Checa, Francia, Portugal e Polonia.

·        b) Sección Ciencias Ambientais: 8 prazas en universidades de Portugal.

·        c) Sección Ciencias Físicas: 3 prazas en universidades de Bulgaria e Polonia.

·        d) Sección Ciencias Matemáticas: 8 prazas en universidades de Italia, Portugal, Romanía e Suecia.

·        - Facultade de Educación: 29 prazas en universidades de Austria, Bulgaria, Francia, Croacia, Italia, Letonia e Portugal.

·        - Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais: 15 prazas en universidades de Alemaña, Francia, Italia e Portugal.

·        a) Sección Turismo: 13 prazas en universidades de Francia, Italia e Romanía.

·        - Facultade de Dereito:

·        a) Sección Traballo Social: 2 prazas en Polonia.

·        b) Sección Dereito: 49 prazas en universidades de Alemaña, Croacia, Italia, Lituania, Portugal e Romanía.

·        - Facultade de Filosofía:

·        a) Sección Antropoloxía: 10 prazas en universidades de Alemaña e Portugal.

·        b) Sección Filosofía: 5 prazas en universidades de Alemaña, Francia e Italia.

·        - Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía: 8 prazas en universidades de Francia e Italia.

·        - Facultade de Xeografía e Historia: 27 prazas en universidades de Alemaña, Bélxica, Croacia, Francia, Italia e Portugal.

·        - Facultade de Filoloxía: 44 prazas para universidades de Bélxica, Bulgaria, Croacia, Eslovenia, Francia, Grecia, Italia, Polonia, Portugal e Romanía.

·        - Facultade de Psicoloxía: 25 prazas para universidades de Alemaña, Italia, Polonia e Portugal.

Consulta a convocatoria aquí.

Consulta a lista de prazas ofertadas, as universidades de destino segundo tipo de estudos e os requisitos de idioma aquí.

Accede a todos os documentos e información sobre o programa Erasmus+ aquí.

Máis información en Secretaría do C.A. UNED A Coruña (r/ Educación 3 -15011 A Coruña), no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es 

>>NOTA DE PRENSA<< 

-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

 

Ampliado o prazo de matrícula do CUID ó 16 de noviembro de 2018. Estuda idiomas na UNED nas modalidades semipresencial e on-line.+ info
Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 26/27+info
Convocatoria pública. Vacante de profesorado tutor interino de Master Universitario en Formación del Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanzas de idiomas (curso 2026-27)+info
AVISO: El Servicio de Biblioteca del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado el 12-06.El aula de estudio permanecerá abierta
Disculpen las molestias.
Horario de verano (de 8hs a 14h): De lunes a viernes del 1 de junio al 15 de septiembre, ambos incluidos. Se exceptúan las semanas de exámenes en las que se mantendrá el horario ordinario. 
Consulte el horario de atención al público en cada Servicio del Centro.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es