Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Curso "Outra volta ao delitos relacionados coa violencia de xénero: máis aló da Ley Integral 1/2004"

10 de mayo de 2021

Celebrarase nos días 13 e 14 de maio, en xornada de tarde, nas modalidades online en directo mais en diferido; ademáis, conta co  recoñecemento de 1 ECTS.

Desde a Aula UNED de Ferrol propoñémosvos un novo curso formativo para estas últimas semanas do curso. 

curso "Outra volta ao delitos relacionados coa violencia de xénero: máis aló da Ley Integral 1/2004", terá lugar nas tardes do xoves 13 e venres 14 de maio de 2021, de 16:30 a 20:30h. 

O curso propón unha análise dos delitos relacionados coa violencia de xénero que, partindo dos reformados pola Lei Integral de 2004 (malos tratos, malos tratos habituais, coaccións leves, ameazas leves), vai máis aló, estudando o impacto do Convenio de Istambul e a introdución dunha circunstancia agravante de discriminación por razóns de xénero. A análise da xurisprudencia máis recente e da doutrina especializada son as bases deste estudo. 

Preténdese expoñer a evolución do concepto de violencia de xénero no noso país, por mor dos cambios que se produciron na normativa internacional, prestando particular atención ás consecuencias que conleva na interpretación e aplicación dos tipos penais. Cuestións coma se existe no noso país un delito de femicidio, se a violencia sexual é violencia de xénero, se a circunstancia agravante de discriminación por razón de sexo cobre un ámbito distinto do abarcado pola discriminación por razón de xénero, serán respondidas durante a sesión. O obxectivo fundamental é dar a coñecer ao alumnado as ricas posibilidades interpretativas que ofrece o concepto de violencia de xénero e a súa interpretación actual polos órganos xudiciais españois.  

Este curso consta de 25 horas de formación, das que 8 horas son de explicación teórica; de ser superado, entregarase un certificado de aproveitamento co recoñecemento de 1 ECTS

Nas actuais circunstancias de alerta sanitaria pola COVID-19, poderase seguir unicamente en modalidade online, coas opcións de seguimiento en directo mais en diferido

Dirixido por Ascensión García Ruiz, profesora do Departamento de Dereito Penal e Criminoloxía da UNED, será impartido por Patricia Faraldo Cabana, catedrática de Dereito Penal da Universidade da Coruña (UDC) e Eduardo Ramón Ribas, catedrático de Derecho Penal da Universitat de les Illes Balears (UIB). 

Este curso está especialmente dirixido a estudantes dos graos e másteres en Dereito, Criminoloxía, Psicología, Traballo Social, Educación Social, etc. Membros dos corpos e forzas de seguridade (Policía Nacional, Gardia Civil, Policías Autonómicas, Policía Local e Policía portuaria). Profesionais do ámbito xurídicopenal e criminolóxico (avogacía, procuraduría, fiscalía, etc.). Opositores/as aos diferentes niveis da Administración Pública. E cualquera persoa interesada na temática do curso.

Pódeste matricular premendo aquí:

  • Matrícula para seguimento en directo dispoñible ata o 13 de maio de 2021.
  • Matrícula para seguimento en diferido dispoñible ata o 18 de maio de 2021. 

Bonificacións na matrícula:

Lembra que, si es alumno/a da UNEDtitor/a do C.A. A Coruña ou da Aula de Ferrolmembro das forzas e corpos de seguridade, ou estás colexiado/a no Colexio Oficial de Logopedas de Galicia ou no Colexio Profesional de Procuradores da Coruña terás un desconto na matrícula

Seguimos online, 

seguimos contigo!

Máis información en:

  •  Secretaría da Aula UNED de Ferrol no teléfono: 981 36 40 26 (de luns a venres, de 16:00 a 20:30 horas) ou no correo electrónico: info@ferrol.uned.es

--------------------------------------{}-------------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

YouTube

Blog UNED Sénior A Coruña 

Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO. El servicio de Secretaría del Aula de Ferrol dispondrá de atención al público desde las 10:00 el jueves 26 de junio. Disculpen las molestias.
Horario de verano. A partir del 9 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 8 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Convocatoria de la IV Edición del Programa Campus Rural para estudiantes de la UNED+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es