Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Extensión Ferrol. Curso "Criminalidade sexual contra menores"

14 de febrero de 2017

Formación prevista para os días 23 e 24 de febreiro e impartida polo maxistrado Carlos Suárez-Mira Rodríguez.

O Centro Asociado UNED A Coruña, a través da Aula de Ferrol, programa o curso "Criminalidade sexual contra menores" para os días 23 e 24 de febreiro. Mantense desta forma activa durante este curso académico, a liña formativa centrada na área de Dereito iniciada e promovida desde hai algúns anos na extensión ferrolá.

Os obxectivos iniciais desta actividade céntranse en proporcionar ao alumno coñecementos teóricos necesarios ao redor da criminalidade, neste caso concreto, poñendo o foco na sexualidade contra o menor; prevención e represión da delincuencia; asistencia ás vítimas e auxilio aos Xulgados e Tribunais; mellor defensa dos intereses xurídicos dos implicados nun procedemento penal -xa sexa desde o punto de vista do investigado como da vítima.- en orde a unha eficaz instrución e axuizamento dos delitos.

Atópase en tramite a homologación por parte da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo dependente da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, da Xunta de Galicia. Esta homologación -e a súa vinculación administrativa- é de especial interese a membros integrantes de Forzas e Corpos de Seguridade; Policía Nacional, Garda Civil, Policía Autonómica e Policía Local.

O curso, para o que está prevista a concesión dun crédito ECTS e dous créditos de libre configuración, desenvolverase ao longo de 25 horas lectivas nas modalidades en liña e presencial.

O maxistrado Carlos Suárez-Mira Rodríguez; profesor titor do Centro Asociado coruñés, é o responsable da dirección do curso e a súa carga docente durante as dúas xornadas de duración.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña 

AVISO: Suspéndense as titorías do xoves 10 de outubro con motivo da celebración do Acto Oficial de Apertura do curso académico 2019-2020.
Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 26/27+info
Convocatorias de Bolsas do Centro Asociado+info
AVISO: El Servicio de Librería  del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado los días 26 y 27 de marzo, en horario de mañana.
Disculpen las molestias.
AVISO: El Servicio de Secretaría del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado el 26 y 27 de marzo en horario de tarde. Disculpen las molestias
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es