Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

BO NADAL * FELIZ NAVIDAD 2025

22 de diciembre de 2025

A UNED A Coruña despide o ano agradecendo o compromiso, a participación e a ilusión compartida durante estes primeiros meses do curso académico.

Entre setembro e decembro de 2025, no noso Centro desenvolveuse unha intensa actividade académica, cultural e social que reflicte a nosa vocación de universidade aberta, inclusiva e comprometida coa súa contorna. Este percorrido visual quere ser, ao mesmo tempo, unha felicitación do Nadal e un agradecemento sincero a todas as persoas que o fixeron posible: alumnado, profesores/as, relatores, institucións colaboradoras, asistentes, equipo técnico, administrativo e directivo do Centro.

Graos e Mestrados

A actividade académica de Graos e Mestrados estivo marcada nestes meses por unha aposta decidida pola docencia de calidade e o acompañamento próximo ao estudantado, un dos rasgos distintivos da UNED. A través das titorías semanais presenciais e en liña, o Centro UNED A Coruña deu soporte aos 30 graos e aos distintos mestrados oficiais que oferta a nosa universidade, garantindo un seguimento continuo, personalizado e adaptado ás necesidades do alumnado.

Esta vocación de proximidade reforzouse con iniciativas en colaboración coa Sede Central, como a conferencia/encontro con Nuria del Olmo, catedrática do equipo docente de Psicobiología, que permitiu ao numeroso alumnado asistente establecer un diálogo directo sobre contidos, metodoloxía e experiencia académica na UNED. Así mesmo, o Plan de Acollida 2025 contou cunha gran participación do noso alumnado e profesorado titor, ofrecendo un amplo programa de sesións informativas e de presentación de servizos, espazos e oferta académica e cultural, que se completaron este curso por primeira vez con sesións específicas sobre prácticas externas e curriculares de titulacións como Psicoloxía ou Educación Infantil.

Cursos de Extensión Universitaria: oferta plural e interdisciplinar

A programación de cursos de Extensión ofreceu unha formación diversa e actual, combinando teoría e práctica, presencialidade e modalidade en liña, con propostas variadas en áreas como o Dereito, a Psicoloxía, a Criminología, a Educación, a Arte ou a Historia, que responden os intereses académicos, profesionais e sociais do noso alumnado e da nosa contorna.

A aula como espazo de aprendizaxe activo, o intercambio directo co profesorado e a participación do alumnado foron unha constante nestes meses ao longo dos 22 cursos realizados na nosa Sede da Coruña e os 12 organizados desde a aula UNED Ferrol, todos eles con retransmisión en liña en directo e en diferido.

Entre estes cursos cabe destacar o II Curso de Seguridade e Democracia, que reuniu este novembro no noso Centro a especialistas de primeiro nivel ao redor dun debate rigoroso e actual sobre os retos contemporáneos das nosas sociedades. Un exemplo do compromiso da UNED A Coruña coa análise plural, o pensamento crítico e a formación de cidadanía informada.

UNED Sénior: aprender a calquera idade

O programa UNED Sénior seguiu demostrando que a aprendizaxe non entende de idades. Cunha participación activa e entusiasta, o alumnado sénior asitiu á aulas e actividades, reafirmando o valor social e humano deste programa.

Un espazo de encontro interxeracional onde o coñecemento vívese con curiosidade, proximidade e compromiso.O programa UNED Sénior do Centro Asociado UNED A Coruña caracterízase pola súa firme aposta por levar a universidade ao medio rural, achegando a formación a territorios onde tradicionalmente non chega a universidade presencial.

As actividades desenvólvense en distintas sedes do rural galego, en colaboración con municipios como A Baña, Aranga, Boiro, Brión, Cambre, Guitiriz, Irixoa, Lousame, Monfero, Paderne, Padrón, Porto do Son, Rianxo ou Xermade. Ademais, desde o pasado curso académico, o programa ampliouse coa oferta de materias impartidas tamén no propio Centro UNED A Coruña, reforzando así a proximidade e accesibilidade desta formación para o alumnado sénior da nosa área metropolitana.

Saídas científicas e culturais

As saídas científicas-culturais permitiron trasladar o coñecemento fóra da aula, visitando xacementos, espazos patrimoniais e contornas de gran valor histórico e arqueolóxico, como o Dolmen de Dombate ou o Castro de Elviña.

Estas actividades reforzan unha forma de aprender vinculada ao territorio e á experiencia directa, orientación característica da nosa Extensión Universitaria.

Ciclo de conferencias Martes da UNED: coñocemento compartido

Durante estes meses, o ciclo Martes da UNED volveu a consolidarse como unha das apostas divulgativas máis recoñecibles da nosa programación.

Cada martes pola tarde, da man de profesionais da arqueoloxía, a fotografía, a historia ou a literatura, ofrecemos no noso centro conferencias abertasrigorosas divulgativas que achegan a investigación, a historia, a ciencia e o pensamento crítico á cidadanía da nosa contorna e a toda a comunidade UNED a través da emisión en liña. 

Consolidouse así con estas 10 conferencias o noso Centro como un punto de encontro semanal aberto ao diálogo, a reflexión e a aprendizaxe colectiva.  

Xornada Achegando a discapacidade á universidad

Unha das citas máis significativas deste trimestre foi a Xornada Achegando a discapacidade á universidade, organizada en colaboración con Inserta Emprego e Fundación ONCE, que durante unha intensa mañá de decembro permitiunos crear un espazo de sensibilizaciónformación reflexión compartida no noso Centro.

A través de talleresexperiencias prácticas e testemuños, como o da adestradora paraolímpica Marta Arce, púxose o acento na accesibilidade, a inclusión e a igualdade de oportunidades no ámbito universitario.

 

  

Taller OpenEU: educación, sustentabilidade e transformación dixital

O taller OpenEU – UNED A Coruña situou á educación superior como motor clave para avanzar cara a un futuro sostible e innovador, no marco da iniciativa europea OpenEU e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Este encontro celebrado en novembro no noso centro, permitiu a reflexión e o diálogo entre universidade, administracións, sector privado e sociedade civil, abordando os retos rexionais vinculados á transformación dixital e a sustentabilidade. Unha mostra do compromiso da UNED A Coruña coa Axenda 2030 e co seu papel activo na formación, a investigación e a transferencia de coñecemento desde unha clara vocación territorial.

Novo ciclo Charlas para o teu futuro profesional 

Neste principio de curso académico, demos tamén a benvida a un novo ciclo de conferencias sobre orientación profesional, procura de emprego e emprendemento, organizadas desde o Servizo de Axuda ao Emprego e ao Emprendemento de noso Centro UNED A Coruña.

As Charlas para o teu futuro profesional ofrecen cada mes ferramentas, experiencias e claves para afrontar o futuro laboral desde unha perspectiva realista, crítica e motivadora. Un espazo especialmente valorado por estudantes e persoas en proceso de redefinición profesional.

 

Feiras de educación e orientación académica

A presenza da UNED A Coruña en citas educativas como a I Feira de Formación e Educación de Ferrol, permitiu presentar e poñer en valor a nosa oferta formativa a futuros estudantes, familias e centros educativos.

A participación nestas actividades reforza o noso papel e compromiso como universidade pública accesibleflexible comprometida coa orientación académica e profesional.

Desde o Centro UNED A Coruña queremos agradecer profundamente a participación colaboración de todas as persoas institucións que fixeron posible este intenso trimestre de actividade.

Desexámosvos unhas Felices Festas e un 2026 cheo de coñecemento, encontros e novos proxectos compartidos.

Seguimos construíndo universidade, xunt@s.

Ampliado o prazo de matrícula do CUID ó 16 de noviembro de 2018. Estuda idiomas na UNED nas modalidades semipresencial e on-line.+ info
Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 26/27+info
Convocatoria pública. Vacante de profesorado tutor interino de Master Universitario en Formación del Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanzas de idiomas (curso 2026-27)+info
AVISO: El Servicio de Biblioteca del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado el 12-06.El aula de estudio permanecerá abierta
Disculpen las molestias.
Horario de verano (de 8hs a 14h): De lunes a viernes del 1 de junio al 15 de septiembre, ambos incluidos. Se exceptúan las semanas de exámenes en las que se mantendrá el horario ordinario. 
Consulte el horario de atención al público en cada Servicio del Centro.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es