Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

MARTES DA UNED

3 de marzo de 2026

Os Martes da UNED de marzo reflexionan sobre arte, historia e igualdade

No marco do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, este mes o noso ciclo Martes de la UNED ofrece catro conferencias de divulgación cultural e científica que abordan, desde distintas perspectivas, o papel das mulleres na historia, na arte e na construción social contemporánea.

O ciclo comezará o 3 de marzo coa conferencia  EL ARTE TOTAL SE LLAMA LOUISE. Semblanza variopinta de Louise Bourgeois, impartida por Ana Álvarez Veira, profesora titulada en Diseño de Moda, técnica superior en Ilustración e Artes Plásticas e graduada en Historia del Arte pola UNED. A sesión proporá un percorrido pola traxectoria vital e artística de Louise Bourgeois, figura clave da arte contemporánea.

O 10 de marzo, a doutora en Psicoloxía  Laura Redondo Gutiérrez ofrecerá a conferencia La construcción de la desigualdad: del sexismo a la violencia, na que analizará as raíces sociais e culturais da desigualdade entre homes e mulleres, así como as claves para a súa detección e prevención desde un enfoque técnico-científico.

O 17 de marzo, a doutora en Historia Helena López Gómez, investigadora posdoutoral Juan de la Cierva na Universidade de Vigo, convidaranos a coñecer La vida de las mujeres en Roma, analizando os distintos roles, responsabilidades e realidades femininas na sociedade romana segundo as fontes históricas dispoñibles.

O ciclo pecharase o 24 de marzo conLa lana, algo más que una fibra textil, a cargo de Rosalía Bello Cao, artista gráfica graduada en Belas Artes, e María Garaboa Vilariño, investigadora do sector lanero e licenciada en Ciencias Políticas e Sociología. A conferencia poñerá en valor a la como materia prima profundamente vinculada á historia económica e cultural da península ibérica.

Todas as conferencias celebraranse ás 19:00 horas, con modalidade presencial en A Coruña e con retransmisión online en directo e en diferido. A inscrición é gratuíta e pode realizarse a través da web de Extensión Universitaria.

Con esta programación de marzo, o noso Centro reafirma o compromiso da UNED coa igualdade de xénero, a reflexión crítica e a transferencia de coñecemento á sociedade, promovendo, unha vez máis, espazos de diálogo e pensamento crítico abertos a toda a cidadanía.

Máis información

  • Secretaría do C.A. UNED A Coruña no teléfono 981 14 50 51 ou no correo electrónico info@a-coruna.uned.es
  • Secretaría del Aula UNED de Ferrol no teléfono 981 36 40 26 ou no correo electrónico info@ferrol.uned.es

Síguenos en redes

Facebook 

Instagram

X  

YouTube

Ampliado o prazo de matrícula do CUID ó 16 de noviembro de 2018. Estuda idiomas na UNED nas modalidades semipresencial e on-line.+ info
Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 26/27+info
Convocatoria pública. Vacante de profesorado tutor interino de Master Universitario en Formación del Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanzas de idiomas (curso 2026-27)+info
Horario de verano (de 8hs a 14h): De lunes a viernes del 1 de junio al 15 de septiembre, ambos incluidos. Se exceptúan las semanas de exámenes en las que se mantendrá el horario ordinario. 
Consulte el horario de atención al público en cada Servicio del Centro.
AVISO. Con motivo das festas do Nadal, o noso Centro permanecerá pechado do 23/12/2024 ao 07/01/2025, ambos os dous incluídos.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es