Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Plan de Acollida 2019/20: Xornadas de Portas Abertas

23 de septiembre de 2019

Aproveita os 15 días das nosas Xornadas de Portas Abertas para resolver as túas dúbidas consultando aos teus titores/as e compañeiros/as

Este ano queremos axudarche a xestionar o teu tempo de estudo adecuadamente por iso, se tes dúbidas sobre unha materia ou sobre se a UNED se adaptará ás túas necesidades, durante os primeiros 15 días de inicio de titorías poderás acudir a clase como oínte e preguntar directamente ao teu titor ou titora. Poderás coñecer de primeira man a ampla gama de titulacións, titorías e servizos á túa disposición.

Tanto se es alumno/a de a UNED coma se estás interesado/a en cursar estudos connosco, aprovéitache desta oportunidade para coñecernos e resolver as túas dúbidas. A actividade está aberta ao público en xeral e non é necesario inscribirse previamente. 

 ¿Tes dúbidas sobre… 

… como funciona unha titoría

  • - ¿adaptarase ao meu horario e tempo de estudo? 
  • - ¿canto tempo lle teño que dedicar a unha materia concreta? 
  • - ¿que opcións de asistencia teño? 
  • - ¿adecuaranse ás miñas necesidades particulares?   

… como funciona o estudo a distancia na UNED? 

  • - ¿poderei compaxinar os meus estudos coa miña vida laboral, familiar, etc.? 
  • - ¿é complicada a tecnoloxía de estudo a distancia? 
  • - ¿teño que asistir sempre desde casa ou podo ir ao Centro? 

¿Cando e onde se celebran?

  • - Datas: do 07 ao 18 de outubro de 2019. 
  • - Lugar: tanto no Centro UNED A Coruña como na Aula de Ferrol.
  • Lembra que as titorías se desenvolven entre as 16.00 h e as 21.00 h. 

¿Que teño que facer? 

  • 1. Busca a materia na que estás interesado/a.
  • 2. Consulta o horario de celebración da titoría na sede da Coruña ou de Ferrol (podes facelo picando aquí)
  • 3. Acode á aula en data e hora.
  • 4. Pregunta aos teus compañeiros/as e ao teu titor/a.
  • 5. ¡Resolve as túas dúbidas!

Aproveita os 15 días das nosas Xornadas de Puertas Abertas para resolver as túas dúbidas de primeira man consultando aos teus titores/as e compañeiros/as. Queremos facilitarche a túa elección para que nada che free nos teus estudos. ¡Non dubides e ven!   

Podes consultar e descargar o tríptico informativo sobre esta actividade aquí.

Coñece máis actividades do Plan de Acollida 2019/2020 aquí ou descarga o tríptico informativo aquí

Visualiza o noso Vídeo de Benvida con máis información aquí

Máis información en:

  • - Secretaría do C.A. UNED A Coruña (rúa Educación 3 -15011 A Coruña), no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es
  • - Secretaría da aula UNED de Ferrol (rúa María, 54 - 15402 Ferrol) no teléfono: 981 36 40 26 ou no correo electrónico: info@ferrol.uned.es 
-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Ampliado o prazo de matrícula do CUID ó 16 de noviembro de 2018. Estuda idiomas na UNED nas modalidades semipresencial e on-line.+ info
Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 26/27+info
Convocatoria pública. Vacante de profesorado tutor interino de Master Universitario en Formación del Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanzas de idiomas (curso 2026-27)+info
AVISO: El Servicio de Biblioteca del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado el 12-06.El aula de estudio permanecerá abierta
Disculpen las molestias.
Horario de verano (de 8hs a 14h): De lunes a viernes del 1 de junio al 15 de septiembre, ambos incluidos. Se exceptúan las semanas de exámenes en las que se mantendrá el horario ordinario. 
Consulte el horario de atención al público en cada Servicio del Centro.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es