Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Aula de Ferrol. Curso "Réxime Xeral de Estranxeiría. Residencia por circunstancias excepcionais e reagrupación familiar de persoas estranxeiras en España"

31 de enero de 2018

Celebrarase os días 22 e 23 de febreiro e poderá seguirse en liña, en diferido ou ben desde as instalacións da rúa María, en Ferrol.

A UNED A Coruña organiza unha nova actividade formativa de temática legal, centrada na lexislación específica de estranxeiría en España. Trátase dunha segunda parte do curso "Réxime Xeral de Estranxeiría. Estancia e residencia de persoas estranxeiras en España" que se celebrou os días 14 e 15 de decembro e contou cun nutrido grupo de participantes.

A proposta prevista para os días 22 e 23 de febreiro en xornada de tarde, recolle o título "Réxime Xeral de Estranxeiría. Residencia por circunstancias excepcionais e reagrupación familiar de persoas estranxeiras en España".

Carlos Villar Arévalo, licenciado en Dereito, especialista en Dereito de Estranxeiría e Migracións, será o responsable de abordar a primeira parte do curso, que tratará cuestións relativas á residencia por razóns humanitarias, a protección internacional ou a colaboración coas autoridades policiais e fiscais. A residencia temporal e traballo para mulleres estranxeiras vítimas de violencia de xénero ou que foron obxecto de trata de seres humanos.

A segunda sesión, a cargo de Elena Maison Díaz da Rocha, licenciada en Dereito e experta en Cooperación ao Desenvolvemento, exporá materias referidas á reagrupación familiar: familiares reagrupables; requisitos e procedemento ou o trámite de renovación.

As clases poderán seguirse en liña, en diferido ou ben desde as instalacións da aula da UNED A Coruña en Ferrol, situadas na rúa María, 52-54.

A realización do curso certificarase con 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración e está en trámite a homologación da Academia Galega de Seguridade Pública.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO. El servicio de Secretaría del Aula de Ferrol dispondrá de atención al público desde las 10:00 el jueves 26 de junio. Disculpen las molestias.
Horario de verano. A partir del 9 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 8 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Convocatoria de la IV Edición del Programa Campus Rural para estudiantes de la UNED+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es