Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Curso de Verán 2017

23 de marzo de 2017

Un adianto do curso que se celebrará no Centro de Teixeiro durante o mes de xuño.

O director da UNED A Coruña, Germán Carro Fernández, reuniuse esta semana con responsables do Centro Penal de Teixeiro para traballar no curso de verán que se celebrará os días 21, 22 e 23 de xuño nas instalacións penais. Juan Luíña e Jaime Cardalda, coordinadores da área de Formación nesa institución, desprazáronse ao Centro Asociado para ultimar todos os detalles relativos ao curso titulado "Sociedade e Cinema".

Á fronte desta actividade formativa estará, en calidade de director, Fernando Reviriego Picón, profesor titular de Dereito Constitucional e secretario do Departamento de Dereito Político da Universidade Nacional de Educación a Distancia, acompañado por Germán Carro na coordinación do curso.

É habitual a estreita colaboración entre o Centro Asociado e o Centro Penitencario de Teixeiro nos últimos anos; axudar a incrementar o nivel formativo e cultural da poboación recluída e estimular o acceso aos estudos universitarios, son algúns obxectivos que marcan as liñas de traballo das dúas intituciones.

Nas próximas semanas publicarase máis información desta actividade.

Accede a información del Curso de Verano celebrado en Teixeiro durante el mes de julio de 2016.

---------------------------------------{}-------------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña 

AVISO: Suspéndense as titorías do xoves 10 de outubro con motivo da celebración do Acto Oficial de Apertura do curso académico 2019-2020.
Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 26/27+info
Convocatorias de Bolsas do Centro Asociado+info
AVISO: El Servicio de Librería  del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado los días 26 y 27 de marzo, en horario de mañana.
Disculpen las molestias.
AVISO: El Servicio de Secretaría del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado el 26 y 27 de marzo en horario de tarde. Disculpen las molestias
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es